Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xestión do Forno do Forte: A Deputación paga, o Concello xestiona

Xestión do Forno do Forte: A Deputación paga, o Concello xestiona
Xesús Soto e Eduardo Parga Xesús Soto e Eduardo Parga

Boas novas para o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, que demostran a boa sintonía entre Deputación e Concello de Malpica. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto, asinaron o convenio de colaboración anual para a súa xestión. A Deputación da Coruña achegará o 100% dos gastos para o funcionamento do complexo etnográfico, que xestionará integramente o Concello de Malpica, no ano 2018.

Segundo figura no convenio, o Concello encargaranse do mantemento e dinamización do centro, a compilación de patrimonio etnográfico da zona, o fomento do estudo e a investigación ou a promoción de actividades culturais arredor do mundo da olería. Establécese un horario mínimo de atención ao público de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas de martes a domingo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios