Martes. 12.11.2019
El tiempo

A Mostra de Teatro de Malpica celebra o seu 15º aniversario cun ciclo paralelo de espectáculos en locais comerciais e hostaleiros

A Mostra de Teatro de Malpica celebra o seu 15º aniversario cun ciclo paralelo de espectáculos en locais comerciais e hostaleiros

A Mostra de Teatro de Malpica cumpre 15 anos, e para celebralo, ademais das funcións de sala no auditorio do Centro Cívico, a Concellaría de Cultura organiza un ciclo paralelo de espectáculos en comercios e establecementos hostaleiros da vila. Esta semana arranca o seu particular outono teatral, no que realizarán un percorrido pola escena galega máis actual e divertida a través de 11 propostas escénicas moi variadas.  A programación é a seguinte:

Ciclo de sala

  • 25 de outubro (20.30 horas).  Producións Teatrais Excéntricas S.L.
    Mofa & Befa - Cranios privilexiados ... ou crítica da razón perralleira.

Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira
Duración: 85 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: maiores de 13 anos

  • 1 de novembro (20.30 h). Ainé Producións Acusmaser Opus
    O montacargas (The Dumb Waiter)

Elenco: Santi Romai e Federico Pérez
Dirección: Evaristo Calvo
Duración: 50 minutos
Xénero: Teatro do absurdo
Público preferente: Adulto (en todo caso maiores de 13 anos)

  • 8 de novembro (20.30 horas). Redrum Teatro
    Idiota

Elenco: Machi Salgado e Susana Sampedro
Dirección: Álex Sampayo
Duración: 70 minutos
Xénero: Comedia negra
Público preferente: Adulto (en todo caso maiores de 13 anos)

  • 15 de novembro (20.30 h). Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega
    Papar sen cancelas

Elenco: Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei
Dirección: Diego Rey
Duración: 85 minutos
Xénero: Comedia, clown e improvisación
Público preferente: Adulto (en todo caso maiores de 13 anos)

  • 22 de novembro (20.30 h). Malasombra Producións
    Os fabulosos cleaners

Elenco: Josue García e Xoque Carbajal
Dirección: Marcos Orsi
Duración: 55 minutos
Xénero: Espectáculo de pompas de xabón
Público preferente: Todos os públicos, a partir de 4 anos

  • 29 de novembro (20.30 h). Baobab Teatro
    Puño puñete

Elenco: Andrea Bayer e Davide González
Duración: 45 minutos
Xénero: Espectáculo musical
Público preferente: Familiar / infantil, especialmente nenas/os de 1 a 7 anos

  • 6 de decembro (20.30 h).  Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos
    A nena e o grilo máis aló

Músicos: Magín Blanco (guitarra e voz), Cristian Legiero (teclado)
Actrices/actores: Teatro Ghazafelhos (Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas)
Duración: 60 minutos
Xénero: teatro musical infantil
Público preferente: Familiar e infantil,  especialmente maiores de 3 anos.

Ao remate dos espectáculos de sala recolleranse as valoracións do público, que poderá puntuar cada actuación do 1 ao 5, axudando deste xeito a mellorar cada ano a programación segundo os gustos dos/as espectadores/as.

Paralelamente, este ano se realizarán outros espectáculos fóra do auditorio do Centro Cívico grazas á colaboración de comercios e locais de hostalaría da vila. O programa do Ciclo Ruada é o seguinte:

  • 11 de novembro (22.30 horas). Pub Leño
    Monólogo de Pepo Suevos
    Público preferente: Adulto
  • 23 de novembro (23.00 horas). Submarino Bar
    Monólogo de Oswaldo Digón
    Público preferente: Adulto
  • 24 de novembro (12.30 horas). Librería Míguens
    Paula Carballeira presenta O río da bruxa
    Público preferente: Infantil / familiar
  • 1 de decembro (12.30 horas). Escola Surf A Mar
    O Mago Álex presenta De ilusións tamén se vive
    Público preferente: Infantil / familiar

Todos os espectáculos son de balde. O Concello de Malpica conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña na organización da XV Mostra de Teatro.

Comentarios