Sábado. 25.05.2019
El tiempo

#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”

#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”
Un dos primeiros días do Prestige en Nemiña Un dos primeiros días do Prestige en Nemiña

Non imaxínabamos daquela como estaríamos 15 anos despois. E de contado, xa estamos aquí, en pleno 2017, con sensacións estranas daquel inverno negro de 2002. Moitos lembran aqueles meses de voráxine coa ilusión da forza dun pobo que salvou o mar. Moitos mesmo quedaron prendados da nosa costa e muradpm as súas vidas. E moitos aínda teñen unha visión máis crúa daqueles tempos…

Por Muxía foi Pepita a primeira persoa que sacou unha escoba para “barrer” o chapapote. Pronto se uniría Coke, veciño do lugar que foi dos primeiros en tomar as ferramentas e poñerse a facer o choio que deberían ter feito as administracións. E mentres os gobernos aínda falaban de “hilitos”, os veciños de Muxía, Camariñas, Fisterra, Corcubión, Carnota… estaban xa salvando as súas vidas.

Un deses comprometidos veciños era Santi Pérez, coñecido percebeiro e auténtico motor da revolución do xadrez na comarca. E iso que non estaba dacordo en que tiveran que ser os veciños os que limpasen aqueles hilitos. Pero vendo o que había non puido facer outra cousa que coller a “fregona” e as luvas e poñerse a traballar.
Volvera de Suiza no 2000, para empezar a 2001 a traballar como percebeiro. Un ano duroulle o choio, pois non esperaba o que chegaría aquel 13 de novembro de 2002. “Os barcos estiveron 3-4 meses sen faenar, pero os percebeiros pasamos 1 anos sen poder traballar”, recoñece.

A Santi non lle gusta falar moito daqueles tempos, porque sabe que amigos non fai falando con tanta rotundidade. Pero “o pensamento ten que ser crítico, que falar ben nos medios é facer publicidade, e para iso xa están as tertulias”, apunta con ironía. O que pasa é que “cando pasa algo grave saen as miserias humanas” e o Prestige “valíu de verdade foi para coñecer ben ao teu veciño”.

”Eu quero pensar que foi unha película que se rodou aquí que andar recordando todas esas cousas”…

Marea de ilusións, e de desorganización

Voluntario Muxians limpando o Prestige Voluntario muxiáns limpando o chapapote do Prestige

A chegada de 1.700 persoas á semana a Muxía era un mar de ilusión. 1.700 persoas dispostas a meter unha man para limpar as nosas casas de negro chapapote. “1.700 persoas que viñeron a ensinarnos as marabillas que temos”. “Pero tamén houbo turistas que só viñan a ver aos pobriños”, sinala con certa xenreira.

”Neses meses había de cartos, había de todo, era unha festa. Pero non eran efectivo. Se en vez de comprar unha comarca a base de cartos e subvencións, pagases a unha empresa para poñer a traballar 200 operarios, a limpeza tería sido moito máis efectiva”, asegura. “Nós, dende o primeiro día tivemos lío con Tragsa, porque ao haber tantos voluntarios eles xa non querían facer nada. Se houbese a tecnoloxía que hai hoxe, con redes sociais e cámaras nos teléfonos, esto era un cristo”.

Conta que houbo de todo. En fin de ano había ata botellas de whiski, pero é que durante meses o polideportivo era unha orxía continua, era como unha comuna hippie”. Non faltou de nada, “e mesmo aínda queda roupa hoxe que mandou o Corte Inglés para Protección Civil. Tivemos ata mandar cousas de volta a outros sitios porque aquí sobraban, e iso sen contar todo o que se levaron por detrás. Foi o comechume todo…”

Comprando a bisbarra

Alberto Blanco, alcalde popular que levaba no poder dende 1995, volvíu arrasar nas eleccións de maio 2003, apenas 6 meses despois da catástrofe. “De repente, “parecía que todos eramos ricos, por 1.200€ que nos estaban dando por non facer nada. Aquelo era unha borracheira diaria. A xente comezou a comprar coches, a facerse hipotecas… e claro despois os desafiuzamentos e demais…”

Lembra os milleiros de euros que chegaban en doazóns e que non se sabía que facer con eles. Doazóns que serviron para facer o Edificio de Servizos Múltiples (co Salón de Actos do Voluntariado), e un mercado que está practicamente só serve de almacén. Non viu o club náutico para Muxía e o Parador xa vimos canto tarda en facerse unha realidade, a pesar que nos últimos meses estánlle dando un bo empurrón.

Así estaba a praia de Nemiña Así estaba a praia de Nemiña

Como estamos 15 anos despois?

”15 anos despois? Non cambiou nada. Se cae outro barco pasaría o mesmo”. E non fala só dos medios de protección, falta tamén da situación económica. “Aquí non saímos da crise, aquí non hai onde meterse. En Muxía queda o que non vale para estudar… Dígoche que a día de hoxe a aspiración dos rapaces é facerse percebeiro… E o peor é que non hai vistas da mellora”.

Imposible esquecer

A día de hoxe é imposible esquecer. E non só por todos os cimentos que moveu aquel tempo, se non porque o mar nolo recorda cada pouco. A última vez hai un ano en Nemiña, coa aparición de ducias de galletas de chapapote. Algo que parecen non recoñecer os alcaldes de Fisterra e Muxía, a pesar das reiteradas aparicións de chapapote tras xornadas de mar de fondo. Non pensa así o alcalde camariñán que si é consciente de que as consecuencias medioambientais non están amortizadas.

Pedra de chapapote atopada en Nemina outubro 2016-Foto-Felipe SarPedra de chapapote atopada en Nemina outubro 2016-Foto-Felipe Sar Pedra de chapapote atopada en Nemiña o pasado outubro de 2016-Foto-Felipe Sar

Cero culpables

U-las consecuencias? En 2013 vivíamos un xuízo moito máis mediático que xusto, que ditaba sentenza xusto un 13 de novembro (para o encadre filmográfico) sen un só culpable, a pesar do clamor social.

Pouca esperanzador a lembranza que compartimos por este 15 aniversario do Prestige, pero a realidade é que a pesar de houbo bastantes cores naqueles tempos, o negro foi a cor protagonista.

 

#15anosdoPrestige

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Comentarios