Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Centros de ensino e entidades de 3 concellos colaboran na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA

Centros de ensino e entidades de 3 concellos colaboran na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA
Limpeza do IES Maximino Romero de Lema na Praia de Soesto- Laxe 2015 Alumnos IES Maximino Romero de Lema na Praia de Soesto na Limpeza Simultánea de 2015 Limpeza Simultanea de Praias 2018 Non será como noutros anos, pero a Costa da Morte si que participará na VII Limpeza simultánea de praias, que un ano máis organiza a Asociación Adega. 3 centros de ensino e 3 entidades colaborarán nestas necesarias limpezas dos nosos areais, nunhas xornadas que ademais de sacar plástico da nosa natureza, faise un traballo de concienciación inigualable. Porque vale mil veces máis vivilo en primeira persoa que ler centos de novas, cobra máis importancia sumarse como voluntario a estes actos medioambientais. Centros de ensino Fisterra e Zas, e entidades de Muxía, Carballo e Muros, participarán destas limpezas. Destaca este ano o compromiso fisterrán, co Concello absolutamente involucrado, levando a todos os centros de ensino a participar deste proxecto, que contarán coa axuda das ANPAS e do colectivo Narea, que conseguiu un bus para que os rapaces do IES poidan achegarse ata Talón.

ENTROS DE ENSINO:

 

IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas

Praia de Traba de Laxe

19 Outubro

IES  Fin do Camiño

Praia de Mar de Fóra

19 Outubro

Todos os Centros de ensino de Fisterra (a través do Concello)

Praia Langosteira, Talón e Sardiñeiro

19 Outubro

OUTRAS ENTIDADES

 

 

Senda Nova (asociación ambiental)

Praia de Baldaio nas Saíñas (no interior da lagoa)

20 Outubro

Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia

Praia de Abelleira

20 Outubro

Muxía

Praia dos Muiños

20 Outubro

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/no-dia-mundial-dos-oceanos-unha-limpeza-de-praia-mais-non-sirve-para-nada/ https://quepasanacosta.gal/as-toallinas-o-gran-inimigo-dos-rios/ https://quepasanacosta.gal/unha-necesaria-limpeza-as-esquecidas-illas-sisargas/ https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-foi-a-zona-con-mais-conciencia-na-limpeza-simultanea-de-praias/

Comentarios