Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Casa do Pescador non se dá vendido

A Casa do Pescador non se dá vendido
Pintadas na Casa do Pescador de Malpica Pintadas na Casa do Pescador de Malpica

Complexa é a situación da Casa do Pescador de Malpica, un dos puntos culturais máis auténticos da vila pesqueira que alberga ademais boa parte do patrimonio costeiro de Urbano Lugrís.

Precisamente, a casa dos mariñeiros, propiedade do pósito, esta mañá de venres 9 de xuño amencía con estas duras pintadas de protesta, das que aínda non se coñece a procedencia.

A crise na Confraría malpicá, propietaria do edificio (que non dos terreos, “A Rampla”, que son municipais), que xa obrigou ao pósito a subastar varios bens, está deixando o edificio nunha situación dificilmente sostible. De aí, que xordan opinión dispares, pero que en ningún momento se pensou que chegarían ata este punto de expresión pública tan crítica.

A Casa do Pescador, "en venta"

Neste contexto, parecía que a venda do propio edificio da Casa do Pescador podería ser un flotador económico.

Aquí aparece o Concello, que podería facer a labor de boia e axudar coa compra do edificio, pero a cousa non parece tan sinxela. O caso é que o pósito é o propietario do inmoble “sempre” que esta se dedique a casa de pescadores do porto de Malpica. De cambiar o uso, a Casa volvería ser de propiedade municipal.

Ademais, o edificio (construido en 1952) ten unha hipoteca enriba que pode supoñer igualmente a expropiación do mesmo.

Poucas saídas lle quedan á Casa do Pescador para servir de corcho da propia confraría.

En todo caso, a comisión xestora segue avaliando a situación e calquera posibilidade para saír da situación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios