Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Confraría de Malpica organiza un Curso Operador de Grúa Hidráulica para Embarcacións

A Confraría de Malpica organiza un Curso Operador de Grúa Hidráulica para Embarcacións
Confraria malpica logo

A Confraría de Malpica convoca un Curso Operador de Grúa Hidráulica para Embarcacións para os vindeiros os sábados 17 e 24 de marzo. Un curso que se desenvolverá en horario de 09:30-14:30h nas propias instalacións do pósito mallpicán.

Este curso vai destinado para todos os traballadores, en activo, que manexen a grúa hidráulica na embarcación na que estean enrolados e é obrigatorio pola Inspección de Traballo, así como realizar a renovación do mesmo cada 5 anos. Lembran que non posuír este curso pode ser obxecto de sanción.

Son cursos totalmente gratuítos financiados pola Fundación Tripartita e organizados por Mar Seguro en colaboración coa Confraría de Malpica.

Todos aqueles interesados teñen ata o 9 de Marzo para anotarse nas oficinas da Confraría, entregando DNI do alumno e boletín de cotización á Seguridade Social do último mes. Teléfono 981 720 011 e horario de 08:00-14:30h.

Fonte

  • Confraría de Malpica.

Comentarios