Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación financiará un documental sobre as mulleres do mar da Costa da Morte

A Deputación financiará un documental sobre as mulleres do mar da Costa da Morte
O I Premio Luísa Villalta selecciona un festival, documentais ou iniciativas de recuperación da memoria e entre eles, un proxecto relacionado coa nosa bisbarra. Imaxe da presentación do "I Premio Luísa Villalta" "As mulleres e o mar. Traballadoras invisibles na Costa da Morte" é o titulo do documental que Socialdocs S.L. pretende levar adiante.  O obxectivo xeral deste documentario consiste en amosar coma o xénero inflúe na participación das mulleres nas actividades pesqueiras e como isto repercute na súa vida familiar, participación social ou na súa saúde. Seguindo  un estudo realizado pola facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, o documentario abordará a influencia das desigualdades de xénero nas ocupacións das mulleres que se adican a actividades pesqueiras na Costa da Morte. O proxecto conta cun apoio por parte do ente provincial de 16.000€. Un xurado composto pola xornalista e escritora, Ana Romaní, a directora de teatro Cristina Domínguez e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo ademais das deputadas de Cultura e Igualdade, Goretti Sanmartín Rei e Ánxela Franco, coa xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria, seleccionou os dez proxectos que serán financiados a través do concurso Luísa Villalta cun orzamento total de 174.000 €.

Comentarios