Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Feira Náutica de Camariñas encherá a Costa da Morte de actividades marítimas

A Feira Náutica de Camariñas encherá a Costa da Morte de actividades marítimas
[fbvideo link="https://www.facebook.com/cncamarinasodd/videos/1432146636822038/?t=9" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Esta vindeira fin de semana de 22, 23 e 24 de xuño, o mundo do mar terá un punto de encontro en Camariñas. Pechada ten o Club Náutico a completísima programación da II Feira Náutica de Camariñas que se inaugurará este vindeiro venres, 22 de xuño, ás 11,15 h. coa recepción das autoridades. Este martes xa comeza o traballo técnico e de infraestructuras da carpa da explanada do Porto onde se ubica a carpa do evento. Un evento, completamente de balde, que encherá durante tres días de actividades marítimas, a Costa da Morte. Poderemos subir a bordo da Lancha de Salvamento (SALVAMAR), disfrutar dun “simulador de navegación” gracias a Armada Española que contará con stand. Estará en marcha a campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” para que os nenos/as poidan degustar e apreciar a calidade da nosas conservas en bocadillo. Haberá degustacións de mexillóns… E como non, a zona de stands comerciais, na que se poderan visitar a zona de exposicións con diferentes institucións, entidades e asociacións, con material moi diverso e as maquetas navais aportadas pola Deputación da Coruña e EXPONAV así como de AMONAGA. Haberá tamén citas lúdicas como a sardiñada de San Xoán, e cousas pensadas para os máis pequenos, na zona infantil con inchables e talleres relacionados co mundo do mar.

Escritores

En canto a escritores, a Feira organizará actos con Juan Campos Calvo Sotelo para falarnos do afundimento do “Captain”; con Xosé Iglesias para falarn da carpintería de ribeira e Natalia Lema sobre o seu libro que trata dos riscos laborais. Ademais estará a José Lopez Redonda máis coñecido por “Pepe de Olegario” para falar dos miles de naufraxios da Costa da Morte que trasladou as súas famosas cartografías e documentos.

Titanic

Nos actos previstos coa Fundación Titanic, ademáis de ser nomeado o Club Náutico de Camariñas como Embaixada en Galicia da Fundación, o seu presidente, Jesús Ferreiro, dará unha conferencia sobre o mítico trasatlántico “Titanic” afundido na madrugada do 15 de abril de 1912. Por parte do Club Náutico Camariñas, algúns dos protagonistas que fixeron posible o nacimento e fundación do Club daran conta da súa historia e anécdotas daqueles primeiros pasos da entidade e que será moderado polo periodista e expresidente da entidade, Xosé-Luis Blanco Campaña. Ademáis, haberá o longo dos tres días da II Feira Náutica, a proxección de tres interesantes documentais: Titanic, documental realizado pola Fundación Titanic e con voz do propio presidente da Fundación, Jesús Ferreiro; El cementerio del Fin del mundo, documental do ano 2002 de Marcos Cortés sobre o afundimento do Serpent, e o documental francés “Los Acantilados de la muerte” rodado nos anos 60 en Camelle e Camariñas tendo aos percebeiros como protagonistas e dirixido por Ernest Alfter.

Turismo

E en relación o turismo da Costa da Morte, o CMAT organiza para o sábado, 23 de xuño, unhas interesantes charlas e mesas redonda tendo como eixe as fortalezas e oportunidades do turismo sostible na Costa da Morte, co CMAT, APTCM, GALP e o GDR, e onde tamén se dará conta da riqueza do patrimonio subacuático na comarca da man de varios mergulladores profesionais de Buceo Finisterre e Buceo Malpica.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-feira-nautica-segue-recadando-apoios/ https://quepasanacosta.gal/o-cn-de-camarinas-valora-o-exito-da-i-feira-nautica-e-xa-ten-data-para-a-cita-2018/

Fonte

Comentarios