Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Fenacam de Camariñas serve de exemplo para analizar o aumento e a repercusión do turismo Náutico

A Fenacam de Camariñas serve de exemplo para analizar o aumento e a repercusión do turismo Náutico
A Conselleira do Mar Rosa Quintana con Jose Oliveira e Pato-Foto-Josema Ojen A Conselleira do Mar Rosa Quintana, con Jose Oliveira e Jose Manuel Pato-Foto-Josema Ojen

Moi institucional a I Feira Náutica e de ocasión Fenacam 2017. Unha cita presidida pola presencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que aproveitou a visita para falar do aumento e da repercusión da chegada de embarcacións en tránsito aos portos da Costa da Morte. A Xunta ten claro o apoio para que esta Feira se consolide, pois “sabemos que Camariñas é un dos lugares máis coñecidos e preferidos polos especialistas do sector e os turistas náuticos”.

Durante a fin de semana, empresas e autónomos participantes fixeron unha presentación dos seus produtos ou servizos, complementando así a oferta de conferencias, charlas, presentacións literarias, proxeccións audiovisuais, exposicións de fotografía, artigos e documentos referentes ao campo da náutica.

Foron arredor das 3.000 persoas, segundo o CN, que ao longo da fin de semana pasaron pola carpa instalado ao carón do club, deixando ademais suculosas vendas para os profesionais.

A feira alberga espazos para embarcacións, motonáutica, equipamentos e accesorios, estaleiros, despeces e talleres, turismo náutico, mergullo, pesca recreativa, mercado de segunda man, seguridade marítima, electrónica mariña, roupa náutica, equipo persoal, mantemento e limpeza, decoración, aluguer de embarcacións, seguros e banca.

Destacables foron a presentación da man de Cristina Fernández, a única e última torreira de España, a Conferencia sobre o Titanic, repasando por que non había ningún galego nela, así como a presentación do proxecto empresarial Costa da Morte Drone, ou dos libros de Rafael Lema e de Xosé Troiano. Moi interesantes foron tamén tamén as conferencias dos “Fotógrafos Navales do Golfo Ártabro”, Josema Ojén e José Daniel Díaz emais do Presidente da Fundación Titanic, Jesús Ferreiro.

Todo un éxito foi a visita de peques e adultos á lancha de Salvamento "Salvamar Altair", e moi boa acollida tiveron as marabillosas maquetas navales do Titanic, Juan Sebastián Elcano, baleeira "Caneliñas", etc. Así como a presenza de varios vehículos clásicos e un deportivo Mercedes espectacular (serie Bravus) no que centos de persoas puideron acceder ao seu interior e do que existen unha decena deste modelo no mundo.

Rosa Quintana na Fenacam de Camarinas Rosa Quintana na Fenacam de Camariñas

Aumento e repercusión do turismo náutico

A Conselleira destacou o incremento das cifras dos tránsitos en Galicia nos últimos catro anos, que foi dun 30%. É dicir, aclarou, “só en 2016 nos visitaron 1.200 embarcacións máis”.

De feito, segundo as estimacións do sector náutico, o volume que xeran as embarcacións en tránsito é duns 200 euros por pernoita e a Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga) establece unha media de 1,5 pernoitas por tránsito. Isto tradúcese nun retorno de 300 euros aproximadamente por cada embarcación en tránsito que reciben as vilas portuarias e de máis de 200.000 euros no caso dos portos da Costa da Morte neste ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios