Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A néboa dificulta a búsqueda dun dos tripulantes do veleiro afundido o sábado nas Sisargas

A néboa dificulta a búsqueda dun dos tripulantes do veleiro afundido o sábado nas Sisargas
helimer-galicia O helicóptero "Helimer Galicia" rescatou o sábado pola noite a outra tripulante do veleiro. Imaxe de arquivo A densa néboa que esta mañá cubre unha boa parte da Costa da Morte está dificultando as labores de búsqueda dun dos tripulantes do veleiro de orixe aleman - "Vangogh" - que desapareceu o pasado sábado na contorna das illas Sisargas. Ante a previsión de que non se agardan melloras metereolóxicas nas próximas horas, Salvamento Marítimo lanzou unha mensaxe de alerta aos pesqueiros da zona para que extremen a vixianza por se localizan ao tripulante desaparecido. As labores de búsqueda comezaron xa o sábado pola noite despois de que se recibise o aviso deste accidente marítimo. No veleiro viaxaba tamén unha muller que foi rescatada nesa mesma noite polo helicóptero "Helimer Galicia" de Salvamento Marítimo de Fisterra. A tripulante do veleiro - que se atopaba a 40 millas ao oeste das illas Sisargas - tivo que ser trasladada ao CHUAC. Avisos O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pouco antes das once da noite do sábado a través de Salvamento Marítimo, que solicitaba medios para rastrexar a costa na procura de indicios sobre unha embarcación que estaba á deriva nas inmediacións das Illas Sisargas. Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Malpica, que iniciaron a busca desde terra. Mentres, por mar, actuaban medios de Salvamento Marítimo, isto é, o Helimer e dúas embarcacións, unha delas da Cruz Vermella, para a localización do veleiro, que, efectivamente, estaba á deriva e levaba a bordo unha muller ferida. Segundo indicou, con ela viaxaba outra persoa que caeu á auga e que tratou de rescatar pero sen éxito. Deste xeito, a embarcación de Salvamento Marítimo encargouse de remolcar o veleiro e trasladar ao porto de Camariñas á muller ferida, mentres que o Helimer continuou sobrevoando a zona para tratar de localizar á outra persoa que caeu á auga. Fonte  

Comentarios