Domingo. 21.04.2019
El tiempo

A Xunta asegura que pronto chegarán as melloras do Porto de Barizo

A Xunta asegura que pronto chegarán as melloras do Porto de Barizo
Estado enferruxado da grua do Porto de Barizo Estado enferruxado da grua do Porto de Barizo

O pasado mes de marzo o alcalde de Malpica traslada á Xunta as necesidades que ten o porto de Barizo. Este pasado venres, a conselleira, Rosa Quintana, e o presidente de Portos, José Juan Durán, reuníanse con Eduardo Parga para coñecer de primeira man eses problemas, e aseguran que “a Consellería do Mar e Portos de Galicia están a traballar conxuntamente co Concello malpicán para solucionar as deficiencias do porto de Barizo”.

Nestes momentos están a elaborarse os proxectos correspondentes aos arranxos precisos nas casetas, o peche do recinto e os aseos coa finalidade de acometelos á maior brevidade posible. Pero a principal necesidade para o sector pesqueiro e marisqueiro, como insistiu o alcalde, é dispoñer dunha grúa en boas condicións. Por parte de Portos de Galicia estábase a tramitar o arranxo da primeira avaría, pero a raíz da segunda non se descarta a substitución da grúa actual por unha nova. A decisión tomarase tamén en cuestión de días, en función do que determinen os informes técnicos sobre a solución máis viable.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-temporal-de-chuvia-deixa-numerosas-incidencias-na-comarca/

Comentarios