Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abren as competencias para un proxecto hostaleiro no Faro da Illa Lobeira

Abren as competencias para un proxecto hostaleiro no Faro da Illa Lobeira
faro-da-illa-lobeira

Anunciaba onte, martes 13 de decembro, o Boletín Oficial del Estado, o anuncio da Autoridade Portuaria da Coruña do inicio do trámite para o concurso público de competencia de proxectos para “a rehabilitación e explotación dun establecimento de hostalería no Faro da Illa Lobeira Grande, en Corcubión”. Unha resolució que chega en base á solicitude da concesión presentada por Porto-Muíños SL, unha empresa cercendese adicada ao mundo das algas, que continúa aumentando a súa vinculación coa nosa comarca dende a súa directa participación no filme Sicixia.

É algo do que se leva falando durante anos, pois a Illa Lobeira é un dos paraísos máis auténticos do litoral galego. En todo caso, parece que sería necesaria a mellora do pequeno peirao da illa, que a día de hoxe non permite atracar cando hai un pouco de mar.

Fonte

Comentarios