Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aparecen varias crías de quenllas nas praias do sur da Costa

Aparecen varias crías de quenllas nas praias do sur da Costa
Quenlla aparecida morta en Area Maior Quenlla aparecida morta en Area Maior-Foto-Fran Figueroa

”Son quenllas, Prionace glauca, crías, de entre 50 e 80 cm, recén nacidas que se achegan á costa a alimentarse”. Así nos explica Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) as novas visitas que temos estas primeiras semanas de setembro. Unha visita xa habitual desta especie, “están aparecendo sobre todo dende hai uns anos para acá”, explica, e matiza que “non son prerigosas”.

Estes días apareceu unha varada na praia de Area Maior, en Louro (Muros), mentres outros veciños atoparon vivas unha por Boca do Río e o polo Porto do Pindo (Carnota).

https://www.facebook.com/rafaelant.riveiropineiro/videos/1959682234091125/?t=29

Guía de boas prácticas

En todo caso, dende a CEMMA recomendan que a xente non as colla e que lles avise da presenza para levar rexistro, pois malia que non sempre imos poder recoller os corpos, tratan de rexistrar todos os casos. Ademais, dannos unha guía de boas prácticas:

- Se che entra nun anzol, libéraa viva e rápido o mellor que poidas. - Se as ves vivas no mar non as collas nin as toques. - Se atopas unha varada viva na praia, introdúcea rapidamente no mar, con axuda dunha toalla está ben para evitar sorpresas. - Se atopas unha varada morta retíraa á proximidades dun contedor de lixo. Evitaremos que quede apodrecendo na area. - Alerta sempre aos socorristas da situación e avisa a 112 ou ao teléfono da CEMMA (686989008) cunhas fotos enviadas polo wasap poden identificar a especie o sexo e o tamaño.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/buceando-cas-quenllas-no-mar-de-louro/ https://quepasanacosta.gal/unha-quenlla-peregrina-achegase-ao-porto-de-malpica/

Comentarios