Venres. 19.04.2024
El tiempo

As augas de Carballo son excelentes para o baño segundo as últimas analíticas

As augas de Carballo son excelentes para o baño segundo as últimas analíticas
zonas-bano-carballo As análises relizáronse nas zonas de baño de Razo, Arnados, Pedra do Sal, As Saíñas e Ría de Baldaio As análises realizadas pola Consellería de Sanidade nas zonas de baño Razo, Arnados, Pedra do Sal, As Saíñas e Ría de Baldaio, as cinco áreas nas que está dividida a costa de Carballo, entre o 20 de maio e o 5 de setembro deron un resultado de "excelentes". Segundo informaron dende o concello carballés, a presenza de escherichia coli e enterococo intestinal é practicamente inexistente na case totalidade das mostras, e en todos os casos está moi lonxe dos niveis permitidos tanto no Real Decreto 1341/2007, sobre xestión da calidade das augas de baño, como na Directiva 2006/7/CE da Unión Europea. Na páxina web do concello de Carballo pódense consultar tanto os resultados das analíticas en todas as zonas de baño como o Real Decreto 1341/2007 e na Directiva 2006/7/CE, nos que se establecen as clasificacións e os niveis de contaminación permitidos en cada unha das categorías. A clasificación das zonas de baño de cada temporada realízase en función dos resultados obtidos nunha serie de 16 analíticas, e de aí que en Arnados se mantivera este verán a cualificación de suficiente aínda que o ano pasado se acadara a excelencia en todos os resultados. O concello de Carballo implatou este verán un sistema informático que facilita os controis de calidade que se realizan a diario nas praias de Razo, Baldaio- Saíñas e Pedra do Sal. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/carballo-implanta-un-sistema-informaticco-para-controlar-a-calidade-das-suas-praias/ “Cabichas xigantes para espantar lixo das praias” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios