Sábado. 25.05.2019
El tiempo

As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte

As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte
As praias de Valarés, Osmo, Ermida e Arou aumentan o número de areais con Bandeira Azul da Costa da Morte As praias de Valarés, Osmo, Ermida e Arou aumentan o número de areais con Bandeira Azul da Costa da Morte

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor vén de emitir os resultados que outorgan as famosas Bandeiras Azuis ás praiuas e aos portos mellor coidados do estado. E coma sempre, é un no reflexo do traballo dos Concellos por promocionar os seus areais, en definitiva, o seu sector turístico.

Este ano temos novidades. Mantéñense ás 6 Bandeiras do ano pasado (Saíñas e Pedra do Sal, San Francisco, Ézaro, Langosteira e Laxe). E a entidade vén de sumar 4 novas, facendo boa á aposta do Concello de Ponteceso polos areais. Unha é a praia de Arou en Camarñas, pero é que as outras tres son no Concello pontecesán: Praia de Valarés, e as cormelás praia da Ermida e praia do Osmo.

Bandeiras Azuis da Costa da Morte 2017

  • Carballo: Saíñas e Pedra do Sal.
  • Muros: San Francisco.
  • Dumbría: Ézaro.
  • Fisterra: Langosteira (zona norte).
  • Camariñas: Arou.
  • Laxe: Laxe.
  • Ponteceso: Balarés, Ermida e Osmo.

2 Portos Deportivos

Se o Club Náutico de Camariñas xa é un clásico da Bandeira Azul, este ano estrea cor o Porto de Muxía, conderado polo seu bo traballo durante estes cursos.

 

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor

Comentarios