Domingo. 17.11.2019
El tiempo

BNG e o Partido Libertario volven esixir a posta en marcha dunha base de Salvamento Marítimo na Costa

BNG e o Partido Libertario volven esixir a posta en marcha dunha base de Salvamento Marítimo na Costa
Ana Miranda heliporto Cee Ana Miranda no heliporto Cee cos compañeiros do BNG da Costa da Morte

A conmoción sufrida en Galicia tralo doble pasamento no mar durante o pasado mes de decembro, obriga a recuperar vellos temores, e vellas reivindicacións. Algo ao que estamos acostumados. Volve ser o BNG, e tamén é o novo Partido Libertario, o que reclaman a posta en marcha do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte o heliporto de Rubio.

Lembran que durante o rescate do cerqueiro "Sin Querer 2" na zona de Muros-Carnota, o helicoptero de salvamento tardara máis dunha hora en chegar (como se pode comprobar no vídeo, procedente da base de Alvedro (A Coruña), un tempo absolutamente “inadmisible”.

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/267171873949623/?t=47

Por iso, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, achegouse ata o pechado heliporto ceense para reclamar o aumento de medidas de salvamento marítimo no Corredor Marítimo de Fisterra, polo que pasan 40.000 barcos ao ano. “É imprescindible unha base de salvamento marítimo na Costa da Morte que garanta a axilidade do servizo, xa que cada minuto é decisivo para salvar vidas”, salienta Miranda, quen critica asemade a infrautilización do heliporto de Cee, construído con fondos europeos. Esta base está inoperativa desde 2014 e a súa construción supuxo un coste final de 1,8 millóns de euros. “Se este lugar concreto non era o axeitado, por que se construíu aí?”, pregunta a deputada en relación a decisión da exministra Ana Pastor de manter a base pechada.

Solucións para Malpica

https://www.facebook.com/orgullosergalego/videos/857277904433478/?t=5

Así mesmo, aseguran que “a veciñanza de Malpica de Bergantiños leva anos denunciando as correntes de auga que se forman na porta de entrada e saída da dársena, que é demasiado estreita, e que foron as que fixeron volcar o barco o pasado 20 de decembro. Diante desta situación, dende Malpica estanse recollendo sinaturas do resto de confrarías do Estado para tratar de solventar esta situación.

 

Tamén o pide o Partido Libertario

O Partido Libertario (P-LIB) de Cee tamén quixo recordar, tralo pasamento dos finados no mar, que na parroquia ceense de Lires hai un heliporto de Salvamento Marítimo, moito máis próximo que outros heliportos activos ao lugar do sinistro. O voceiro ceense Adrián leira lembra a tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto, aberto en 2012 por parte do Goberno central, custando máis de 1,5 millóns de euros, e que necesitou outros 24 para a súa posta en funcionamento. Pero só estivo operativo dende 2014.

“Nun primeiro momento o heliporto carecía de fornezo de auga, que se levaba mediante camións. O fornezo chegou en 2016, cando xa facía tempo que non había helicóptero. Aviación Civil requiriu a instalación de novos dispositivos para voos nocturnos, pero estes non foron instalados nunca. A entón ministra, Ana Pastor dixo que as instalacións non volverían entrar en servizo porque os técnicos desaconsellaban o seu uso”, explican.

Os libertarios de Cee reclaman que “se realice unha avaliación técnica independente, e que no caso de que o heliporto sexa viable, sexa dotado dos equipos necesarios para que volva estar en funcionamento. Si realmente a ubicación non é a adecuada por razóns técnicas, a decisión de non usalo debería haberse tomado antes de construílo, e non despois”.

Novas relacionadas

 

Artigos relacionados

Comentarios