Martes. 19.02.2019
El tiempo

Cae ao mar un coche cunha persoa no interior no porto de Corme

Cae ao mar un coche cunha persoa no interior no porto de Corme
A grua recuperando o coche que caeu ao mar do porto de Corme A grúa recuperando o coche que caeu ao mar do porto de Corme dende primeira hora da tarde Lugar do porto de Corme onde caeu o coche ao mar Lugar do porto de Corme onde caeu o coche ao mar Corrían as 10:30h cando un vehículo, cunha persoa no interior, caía ao mar no Porto de Corme. A localidade está conmocionada pois todos os indicios parecen indicar que se trata dun mozo mariñeiro da localidade, polo que o porto está ateigado de xente dende mediodía. Ao lugar acodiron de inmediato GES Ponteceso, Policia Local, Emerxencias, Bombeiros de Berngatiños, Garda Civil da Coruña e Protección Civil. Despois da inmersión dos mergulladores da Garda Civil, a primeira hora da tarde chegaba a grúa para recuperar o coche e o corpo.Arredor das 18:00h a grúa conseguía recuperar o coche e o alcalde pontecesán, Lois Carballido confirmábanos que se trata do falecido é o mozo cormelán, propietario do vehículo.

Novas relacionadas

Comentarios