Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas homenaxea aos náufragos da Costa da Morte no 126 aniversario do afundimento do Serpent

Camariñas homenaxea aos náufragos da Costa da Morte no 126 aniversario do afundimento do Serpent
126-aniversario-serpent Mañá, a partir das nove da noite, unha serie de actos que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses - en Punta do Boi - de Camariñas servirán para homenaxear aos náufragos da Costa da Morte. A conmemoración do afundimento do torpedero da Royal Navy “Serpent” este servirá non só para recordar aos falecidos neste naufraxio provocado por un erro de navegación, senon para ter no recordo a todos os que perderon a vida neste bravo mar. Os actos organizados polo concello e coa colaboración e participàción da Real Liga Naval Española, consistirán nunha ofrenda floral e a representación teatral Historias Mariñeiras da Costa da Morte a cargo de Dequenquén Teatro. Aos actos asistirán representantes da Real Liga Naval Española - RLNE -; o alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso de Leon -; o concelleiro Sergio Caamaño. Tamén asistiran RAfel Lema, delegado da RLNE na Costa da Morte, e Juan Campos Calvo-Sotelo, fundador destes actos de homenaxe. Este tráxico suceso supuso o falecemento de 172 dos 175 tripulantes do buque inglés provocado por un erro de navegación nunha xornada de escasa visibilidade. Casualmente os tres únicos supervivintes levaban posto o chaleco salvavidas, inusual como proba o feito de que tan só contaban con 25 unidades no buque. A lección aprendida pola armada inglesa con esta traxedia, levounos a incorporar o chaleco para toda a tripulación.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios