Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota bótase ao mar cunha Mostra de Cinema Documental

Carnota bótase ao mar cunha Mostra de Cinema Documental
Carnota presenta o festival Mares da Fin do Mundo Carnota presenta o festival Mares da Fin do MundoMostra de Documentais Mares da Fin do Mundo Carnota 2018

Esta mañá de venres tivo lugar no salón de plenos do Concello de Carnota a presentación da I Mostra de Cinema Documental "Mares da fin do Mundo”. Unha aposta do Concello carnotán pola creación, polo cinema, moi potente, que se desenvolverá na Lonxa Vella de Lira os días 12 e 13 de outubro.

A mostra céntrase no mar e na pesca sostible nas rexións periféricas do Océano Atlántico, cun forte apego local pero con ampla proxección internacional, enfocado na posta en valor de oficios tradicionais dende unha perspectiva global e moderna. É unha mostra comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos.

Esta aposta por atraer outra clase de visitantes á zona gracias a unha posta en valor do patrmionio cultural e etnográfico e da creatividade, dase coa axuda da Deputación, que impulsa esta clase de festivais audiovisuais como o Carballo Interplay, o Fouciño de Baio, o Festival de Cans do Porriño ou o o Festival de Curtas de Noia. Deste xeito, serve tamén a mostra para convertirse nun axente desestacionalizador do turismo costeiro, ampliando a oferta cultural durante a vindeira ponte do Pilar.

Dúas xornadas de proxeccións

As proxeccións abranguen dúas xornadas: a do venres día 12, onde serán proxectadas dúas curtametraxes e unha longametraxe, producidas en Galicia e con versión orixinal en lingua galega; e a do sábado día 13, onde se proxectarán dúas curtametraxes e unha longametraxe, de produción internacional en versións orixinais, subtituladas en galego.

Contarán coa presenza dalgúns dos produtores dos filmes, como é o caso de Marcos Gallego, responsable da dirección técnica da Mostra e tamén da dirección de dous dos documentais galegos. Así mesmo, acudirá Juan Galiñanes, o cambadés que dirixiu ao recoñecido actor Celso Bugallo na curtametraxe que tamén se poderá ver na Lonxa Vella de Lira. E moi do norte chegará Knut Bjørn Lindkvist, coorganizador do Festival Nordkapp do Cabo Norte, en Noruega, nunha das fisterras atlánticas, e colaborador da nosa mostra. El foi tamén colaborador do director noruegués Knut Erik Jensen, do que se poderá ollar una curtametraxe sobre o comercio do bacallau, nos illados fiordes de Noruega nos anos 70.

Outras actividades

Tamén haberá dúas actividades complementarias da mostra. Por unha banda a exposición fotográfica relacionada co mar e a pesca tradicional, froito do 1º Concurso de Fotografía do Concello de Carnota. E por outra, a Escola de Cinema Mar de Lira, onde os máis cativos poderán desenvolver a súa creatividade audiovisual, nunha actividade formativa e didáctica desenvolvida dende o programa Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia do Concello de Carnota. Para rematar cada unha das xornadas haberá cos concertos do grupo vigués Igmig e de Mounqup, que terán lugar os días 12 e 13, respectivamente, a partir das 22:00 horas.

Programa

Programa da Mostra de Documentais Mares da Fin do Mundo Carnota 2018

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/5-festivais-audiovisuais-da-comarca-recibiran-case-90-000e/ https://quepasanacosta.gal/o-interplay-volveu-convertir-carballo-na-capital-estatal-dos-contidos-dixitais/ https://quepasanacosta.gal/baio-ergue-o-foucino/

Comentarios