Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira

Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira
Pescando luras no peirao de Laxe-Foto-Chiki Ramon Pescando luras no peirao de Laxe-Foto-Chiki Ramon A telenovela xornalística deste mes desatouse debido a unha disputa no peirao de Malpica que rematou mal: agresión e denuncias. Cousa bastante extraña, posto que cando imos a pescar coa cana é para relaxármonos e para pasalo ben, sempre amigablemente. E afirmo esto con coñecemento de causa. Descoñecendo os motivos que determinaron este suceso impropio totalmente do carácter amistoso dos pescadores deportivos da nosa costa podemos anotar este caso, o caso pelexa en Malpica, na carpeta dos sucesos particularmente extraños deste mes de xuño. Aínda que, grazas á difusión xornalística en papel deste desgraciado suceso, en plan noticia do ano, a xente fala e fala deste tema como se a letra pequena desta historia fose certa, que non o é, e aclaro pormenorizadamente os porqués da miña crítica. Soltar nunha noticia de prensa escrita con comentarios entrecomillados que insinuan que algúns pescadores deportivos da Costa da Morte venden as luras (os calamares) a restaurantes de Malpica e Laxe a 30 euros o kilo (aínda que só sexa unha acusación con denuncia incorporada); falar do "Mercado negro de calamar de potera" debo indicar que me parecetotalmente absurdo. E seguro que a miña opinión vai ser compartida por miles de afeccionados á pesca deportiva con caña e potera. En primeiro lugar debo indicar que ningún restaurante da zona vai a mercar luras sen factura e descoñecendo a orixe do producto e peor aínda a un prezo tan esaxerado. As sancións son tan elevadas e o risco a que lles pechen o local é tan alto que podemos descartar que esto chegase a suceder en ningún momento. E, por outro lado, grazas a varios factores, a cantidade de chipironciños que se capturan con caña e potera, estes días, nos peiraos da provincia é, por desgraza para nós, demasiado baixa (incluso para autoconsumo). Entre os trinta e corenta tolos que imos a pescar luras ao peirao (noite si e noite tamén) podemos pescar entre todos uns catro chipironciños cada hora. Esa cantidade dá unha media duns 20 gramos de calamarares (luras) por pescador e xornada. Se a algún de nós fose vender o que pescamos no peirao a calquera sitio estou seguro de que se escarallan de risa o admirar catro luriñas nun cesto. Esto do fenómeno “el niño” sumado o cambio climático trouxo consigo un aumento das temperaturas mariñas con consecuencias moi graves para a pesca (profesional e deportiva) e a esta ausencia total de placton e de peixe pasto tamén se suma a proliferación de especies doutras augas (túnidos e outros depredadores), tamén destacar o das restriccións nas capturas da xarda (depredador agresivo que ataca e come todo o que se move no mar, luras incluidas). Si, leéchedes ben, grazas a eso das cotas os pescadores profesionais non poden capturar xardas e eso xenera un incremento perigoso desta especie que destrúe o noso litoral. Por que? Porque as xardas se alimentan día e noite vorazmente nunha frenética danza colectiva que se chama voráxine alimenticia e esquilman o resto de especies mariñas pois prefiren na súa dieta os alevíns de tódolos seres o seu alcance, luras incluidas. E este dato e outros moitos motivos similares, fan posible que eu, a día de hoxe, en calidade de pescador deportivo, coñecedor deste tipo de pesca, poña en serias dúbidas que esta noticia en papel sexa suficientemente rigurosa como para tela en consideración. A pesca deportiva é un hobbie que xenera gastos (pérdidas) ós que a practicamos e só compensa pola paz de pasar unhas horiñas na beiramar en agradable compañía e sempre con algunha gran historia que contar. E as catro luras que pescamos rematan na cociña das nosas casas. Como ten que ser!!!!

Novas relacionadas

Fonte

  • Óscar de Souto para QPC.

Comentarios