Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Chega ao Museo da Pesca de Fisterra unha embarcación feita integramente en madeira

Chega ao Museo da Pesca de Fisterra unha embarcación feita integramente en madeira
A familia de Salvatore F. Bongiorno doou a embarcacion Xiroco ao Museo da Pesca de Fisterra A familia de Salvatore F. Bongiorno doou a embarcación Xiroco ao Museo da Pesca de Fisterra Outra boa nova para o Museo da Pesca de Fisterra e sobre todo para os seus fondos xa que contan cunha nova embarcación feita uns 50 anos integramente en madeira nunha carpintería de ribeira do Ézaro. A familia de Salvatore F. Bongiorno doou ao Museo da Pesca de Fisterra a embarcación recreativa tradicional chamada “Xiroco”, construída no ano 1968 por Ramiro Rodríguez, o Primeiro, un dos mestres carpinteiros de ribeira da Costa da Morte. A embarcación pasará a formar parte da exposición do Museo e contará cunha placa de recoñecemento e homenaxe á figura do ilustre científico e ornitólogo norteamericano que pasou longas temporadas vivindo en Sardiñeiro. Casado con Dona Consuelo García Devesa, veciña de Sardiñeiro, e coa filla Minia Bongiorno que facilitou o poder trasladar esta pequena e curiosa embarcación de madeira ao Museo. A familia continúa pasando tempo en Sardiñeiro. O doutor Bonguiorno, nado o 16 de agosto de 1939, faleceu no ano 1993 á idade de 53 anos. Ilustre profesor A figura do profesor Salvatore F. Bongiorno é pouco coñecida na comarca, pero sí foi un investigador que teceu moitas amizades con científicos galegos na década dos 70 e os 80, incluso participando activamente en colaboracións e estudos en Galiza. En Estados Unidos gozou dun recoñecemento importante coma científico e deixou unha vasta produción de artigos, investigacións e estudos, en materias diversas relacionadas coa biodiversidade e os ecosistemas. Algúns dos seus artigos publicados alén do Atlántico recollen incluso datos sobre a composición da avifauna dos montes de Sardiñeiro de fai 30 anos. Das súas numerosas estadías en Galiza, e en Sardiñeiro, aproveitou tamén para investigar e publicar aspectos de poboacións de aves de Galicia, polo que recibiu unha concesión do Museo de Historia Natural de New York.   Salvatore F. Bongiorno pasou longas tempadas vivindo en Sardineiro Salvatore F. Bongiorno pasou longas tempadas vivindo en Sardiñeiro Foi doutor en Zooloxía pola Universidade de Rutgers, e xefe do fepartamento de Bioloxía e membro docente da facultade universitaria de Fairfield University dende 1971. Deu clases na Universidade en Louisiana, na de Rutgers e finalmente na de Fairfield. Ilustre na investigación medio ambiental e da ornitoloxía, centrando grande parte do seu traballo sobre zonas húmidas e aves e a contaminación ambiental. Publicou numerosos artigos sobre radiacións gamma e vexetación, e unha vasta produción na investigación das aves migrantes de norteamérica e a súa exposición á contaminación ou proxectos de recuperación de especies ameazadas. Foi membro do American Institute of Biological Science, American Association of the Advancement of Science, American Ornithologists Union, Ecological Society of America, Society of Sigma Xi, ou da Sociedade Galega de Historia Natural. Tamén do consello de Administración da Connecticut Audubon Society. Foi un profesor moi popular e apreciado polos seus alumnos. A embarcación que agora doa a familia trátase dun barco feito no ano 1968 por Ramiro Rodríguez - segundo recordan algúns veciños de Sardiñeiro - nunha das carpinterías de ribeira do Ézaro, todo en madeira, cunha vela latina coa Cruz de Santiago.

Horario do Museo da Pesca

  • De xuño a setembro: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
  • O resto do ano: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.
De momento no se vai cobrar entrada, ata que se poidan realizar os trámites burocráticos, que poderían levar ata outubro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios