Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Convocan dous novos permex para mariscadoras en Corcubión e outros dous en Fisterra

Convocan dous novos permex para mariscadoras en Corcubión e outros dous en Fisterra
As mariscadoras en plena faena aló polo 2012

Volvían mariscar pola ría de Corcubión hai apenas unhas semanas despois de dous anos de parón. E parece que o futuro se clarexa para o colectivo de mariscadoras da ría. Así o corrobora o feito de que a Consellería do Mar convoque dous novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Corcubión e outros dous para percebe a pé na de Fisterra.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, a de Corcubión enlace, a de Fisterra neste nestoutro. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novas relacionadas

Comentarios