Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Do Ártico ao Mar Negro en windsurf: "A Costa da Morte é a máis difícil"

Do Ártico ao Mar Negro en windsurf: "A Costa da Morte é a máis difícil"
Jonattan Dunnet sorrindo a pasar o Cabo FisterraJonattan Dunnet sorrindo a pasar o Cabo Fisterra Jonattan Dunnet sorrindo a pasar o Cabo Fisterra Jonattan Dunnet en Malpica Jonattan Dunnet en Malpica Hoxe xa anda por Porto do Son, pero vén de atravesar (custoulle atravesar) a Costa da Morte. O pasado venres, despois de saír do Ártico, na fronteira entre Rusia e Noruega, chegaba a Malpica. Montado na súa táboa de windsurf, si… A súa idea é darlle a volta a Europa na súa táboa, gracias ao vento, 15.000km (ata a fronteira entre Ucrania e Xeorxia, no Mar Negro, que “só” lle levarán 2 anos. Unha parte xa ten feita… E unha das máis duras, a Costa da Morte, como el mesmo recoñece. Jonathan Dunnett está desenvolvendo este verdadeiramente tolo desafío Windsurf Round Europe. A súa primeira parada costeira foi en Malpica, onde coñeceu a Tono, de Buceo Malpica, que lle contou fermosas historias do mar e lle aconselleou ata cando esperar, ademais de deixarlle un espazo onde durmir e ducharse. Ao que non puido esperar foi a compartir estes vídeos da nosa costa, como este do mar das Sisargas:
Foi dura a saída de Malpica. Quería chegar a Fisterra pero 30 anos de experiencia non lle serviron para sortear a nosa mar. Só manterse en pé supuña un gran esforzo, así que se achegou ao porto de Muxía onde compartiu experiencias con outras xentes especiais, os membros da embarcación “Le Labo” que realizan a expedición "Sea Plastics”. Joan Dunnet en Muxia Jonattan Dunnet en Muxia cos membros de Sea Plastics Tras unha noite en Muxía, parecía preto Fisterra… Apenas 15 km e o vento a favor… A navegación convírtese nun verdadeiro desafío, que se obrigou a sacar un gran sorriso cando virou o Cabo Fisterra. Non era o día axeitado, pero non puido esperar, pois o simbolismo da fin da terra chama demasiado. Unhas bágoas para liberar o medo e conseguir chegar a terra para descansar un día. Foron Javier e Sandra os que fixeron de verdadeiros anfitrións na fin da terra, que lle permitiron disfrutar dun fermoso paseo ata o faro, e contemplar estas vistas:
Á súa saída de Fisterra foi bastante accidentada. O mar, con ondas de 7 metros, obrigouno a abandonar o seu plan e tivo que tirar cara terra. Acabou en Lira, e gracias a un veciño da zona, Carlos, puido chegar a Muros. Foi unha das primeiras veces que o mar lle obrigaba a poñer quilómetros de por medio a través da estrada, e non das rúas do mar. Quédalle aínda unha longa viaxe!

Fonte

Comentarios