Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dous pescadores de Ponteceso pescan en Malpica un róbalo de 8.300kg

Dous pescadores de Ponteceso pescan en Malpica un róbalo de 8.300kg
Os pescador afeccionado de Ponteceso, Sergio Amado, pescou un róbalo de 8.300 kg Os pescador afeccionado de Ponteceso, Sergio Amado, pescou un róbalo de 8.300 kg Menuda peza cazaron dous pescadores de Bergantiños. Sergio Amado, un pescador afeccionado de Ponteceso, saía o pasado domingo 3 de xuño, pola mañanciña, á zona das Garzas, en Barizo, Malpica, onde estaba o mar algo máis tranquilo do habitual. Pero a mañá traía sorpresas. Notou un picadón e de contado pediulle axuda ao seu compañeiro de pesca, Emilio Cambre, porque xa notou que era un peixe de porte grande. Entre os dous, controlando as ondas, conseguiron traela a terra. Sergio douna varado e Emilio botoulle as mans para que non volvera ao mar. ”Un peixe dese tamaño non se soe coller, pois soen ser de 2, 3, 4 ou 5 kilos máximo”, recoñece Cambre, i é que un de 8.300kg non se collen todas as saídas. A peza foi para o forno, para unha comida familiar. Cambre, da tenda A Bordo e organizador da Quedada de Spinning de Corme, sabe como tirar dunha peza semellante, pois o 13 de decembro 2016 Emilio collera unha de 8.350kg. Cambre destaca “a voracidade coa que tragou o señuelo, pois chegou ata case o estómago”. Ademais valora que “o spinning de robaliza, cada vez é máis complicado coller pezas grandes, porque van escaseando as boas capturas, pero a receta máxica é insitir, insistir. Sobre todo hai que disfrutar da pesca”.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-quedada-de-pesca-uniu-a-medio-centenar-de-pescadores-na-costa-cormela/

Artigos relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios