Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Falece un carnotán ao caer o seu vehículo ao mar no porto de Muros

Falece un carnotán ao caer o seu vehículo ao mar no porto de Muros
Recuperan o coche do mar de Muros-Foto-GES Recuperando o coche que caeu mar de Muros-Foto-GES

Tráxica mañá esta do venres 17 de febreiro en Muros. Un coche caía ao mar no peirao muradán sobre ás 10:00 horas. O pánico cundía en todo o porto, pois eran dúas as persoas que estaban dentro, un pai e unha filla, naturais de Carnota.

Acodían de inmediato a embarcación de Salvamento Ría de Vigo, 061, a Garda Civil, a Policía potuaria, Policía Local, H3, e o GES de Muros. Foron os buzos do Ría de Vigo os que recuperaban, sacándoos do interior do vehículo, o corpo xa sen vida do pai, e conseguían sacar con vida á filla.

Unha ambulancia achegouse ao punto para atender ás vítimas do accidente. Pese aos intentos de reanimación, o persoal sanitario nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón. A muller foi evacuada na aeronave a un centro hospitalario.

É o segundo suceso semellante que acontece no porto muradán nos últimos meses.

Moita expectacion e consternacion no porto de Muros-Foto-GES Os buzos do Ria de Vigo recuperan o coche que caeu ao mar en Muros-FOTO_GES

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios