Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra, Corme e Malpica levan a peor parte e sofren a ferocidade do temporal

Fisterra, Corme e Malpica levan a peor parte e sofren a ferocidade do temporal
Temporal de mar en Fisterra-Febreiro 2017-Foto-David Trillo Fallego copia Temporal de mar en Fisterra-Foto-David Trillo Gallego 93.40 l/m2 caeron en Fisterra durante esta pasada madrugada, a marca máis alta rexistrada en toda Galicia. Pero non quedou niso a cousa. A vila do Cristo rexistrou refachos de vento de 164 km/h (había tempo que non lembrábamos cousa tal), a segunda marca de Galicia por detrás de Lardeira (en Ourense), onde viviron 182 km/h en Lardeira. Pero non quedou aí a cousa, en Malpica zoou o vento a 141 km/h, polos 138 de Lira, cifras tamén moi significativas. A parte máis espectacular dos nosos temporais tamén tivo protagonismo. E con grandes imaxes vividas en zonas como Fisterra, Malpica ou Corme, onde as ondas superaron os diques. Por exemplo, a boia do Vilán-Sisargas rexistrou ondas de 11.72 m de altura significativa. Así estaba o Rostro esta pasada tarde…

Estragado o peirao de Corme

Rompeu o muelle de Corme-Foto-Paula Pombo copia Rompeu o dique de Corme-Foto-Paula Pombo copia Foron tan intensas as ondas por Corme que levaron un bo anaco do muro do dique. A zona superior do dique sufriu a forza do mar e sucumbiu. Ademais, boa parte do dique, dende a curva ata a punta do peirao, segue sen luz dende a pasada madrugada, o que supón un verdadeiro perigo, nunha vila na que a Policía xa pechou o paso tanto a peóns como a coches pola Ribeira e por debaixo da Igrexa. O mar superou a ribeira de Corme-Foto-Jesuandecorme O mar superou a ribeira de Corme onte pola tarde-Foto-Jesuandecorme

Laxe e Muxía tamén sufriron

Así estaba o mar hoxe por Laxe-Foto-Jonas Así estaba o mar esta mañá por Laxe-Foto-Jonas Xa saben que os barcos de Laxe tiveron que emigrar a Camariñas, como acontece en cada temporal, polo mal estado do porto, mentres os políticos seguen enzarzándose en leas. Por Muxía as ondas fixeron tremer a zona do Coído e mesmo chegaron ás portas do santuario da Barca. As imaxes son impresionantes Temporal de mar en Muxia-Febreiro 2017-Foto-David Trillo Fallego copia Temporal de mar en Muxia-Foto-David Trillo Gallego Así está a zona do Faro en Muxía-Foto-Lito Blanco Así está a zona do Faro en Muxía-Foto-Lita Blanco

275 incidencias rexistradas no CAE 112 Galicia pola meteoroloxía adversa

Un total de 275 incidencias foron xestionadas entre as 18:00 horas de onte e as 07:00 horas de hoxe no CAE 112 Galicia. Árbores e pólas nas estradas (176) continúa sendo a incidencia maioritaria neste episodio de meteoroloxía. Deseguido, destácanse os 23 incidentes por obxectos varios nas estradas, 15 incidencias relacionadas cos cables de luz nas estradas e 13 derrubamentos entre outros. Por provincias, houbo 109 na Coruña. Por exemplo na zona, ademais do desaloxo do IES Ramón Caamaño de Muxía ao desprenderse parte da súa cuberta, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a retirar unha árbore no lugar da Devesa (Vimianzo), na estrada que vai dende Berdoias a Ponte do Porte da Devesa. Tiveron que usar varias motoserras para retirala. En Sardiñeiro, Fisterra, tamén tiveron que pechar a estrada porque unha árbore quedou pendurada dos cables da luz. Rua pechada en Sardineiro por unha arbore-Foto-Jose Insua Estrada pechada en Sardiñeiro por unha árbore-Foto-Jose Insua Continúa o temporal Mentres seguimos en Alerta Laranxa por vento e Alerta Vermella no mar. Os amigos de 4gotas, comentan que esta tarde de venres volverá a arreciar forte o vento. Algo menos que na madrugada, pero volverán a acadarse refachos de máis de 100km/h en toda a Costa e moitos puntos superarán os 120. Ademais choverá de xeito intenso.
Mañá sábado cálmase un pouco a situación en canto ao vento, aínda haberá vento forte (pero non tan forte), pero seguirá a chover durante boa parte do día.
O domingo aínda o seguirá facendo na madrugada e na mañá, parando ao mediodía e deixando unha tarde de domingo tranquila!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios