Martes. 23.04.2024
El tiempo

Fotofesdeita: A praia da Concha, a vergoña dunha comarca

Fotofesdeita: A praia da Concha, a vergoña dunha comarca
Fotodesfeita: Lixo eterno na praia da Concha de Cee Lixo na praia de Cee

A praia da Concha é unha das 4 praias da Costa da Morte (xunto coa de Camelle, Area da Vila en Camariñas e Sardiñeiro) na que está prohibido o baño. De feito xa non entra nas analíticas de Augas de Galicia, como destacaba os a bióloga Marivía Areas na mesa debate sobre contaminación orgánica do mar celebrada este pasado sábado no Couto. As augas de baño da praia da Concha levan máis de 5 sendo catalogada como de “calidade insuficiente”, polo que a prohibición de baño faise eterna.

Falamos nese sentido dunha contaminación provocada pola falta de saneamento (falaremos estes días tamén dos problemas na EDAR de Cee), pero o que vemos estes días no areal do centro de Cee é indignante.

O lixo (plástico de todo tipo, algas, mesmo algo como céspede medra no areal…) loce con ansias ante a chegada dos peregrinos, que despois de centos de quilómetros de interior, reciben esta primeira visión do noso mar.

Unha estampa que combre solventar cunha simple brigada de limpeza. Tan complicado é?

A praia da Concha parece un campo de fútbol co nacemento de prantas A praia da Concha parece un campo de fútbol co nacemento de prantas  

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook:

Fonte

Comentarios