Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gardacostas comisa 76 quilos de peixe e marisco sen identificar na zona

Gardacostas comisa 76 quilos de peixe e marisco sen identificar na zona
Centola requisada pola Garda Civil Centola requisada por Garda Costas

A Costa da Morte foi escenario, entre outras zonas de Galicia, de distintos controis realizados por parte dos Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar. Unhas intervencións que se saldaron co comiso de máis de 76 quilos de peixe e marisco e coa incautación de 71 aparellos e 200 metros de artes de enmalle.

Unha das actuacións máis destacadas foi na ría de Corme e Laxe, onde os gardacostas requisaron 20 quilos de patexo, 10 quilos de polbo, 44 nasas e dous cacharros, debido a que estaba todo sen identificar.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-garda-civil-interven-257-kilos-de-marisco-ilegal-na-bisbarra/

Artigos para calafatear

Comentarios