Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Gardacostas requisa diferentes aparellos e mariscos en Camariñas, Corcubión e Carnota

Gardacostas requisa diferentes aparellos e mariscos en Camariñas, Corcubión e Carnota

Fai repaso a Consellería do Mar das últimas intervencións contra o furtivismo que levan realizado os Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia. Este requisaron preto de 1.600 aparellos de pesca, case todo nasas, 3.800 metros de artes de enmalle, unha embarcación e preto de 580 quilos de marisco e peixe en distintos controis realizados nos últimos días polo litoral galego.

Deles, os gardacostas requisaron na ría de Camariñas 80 nasas por estar sen identificar, 50 metros de aparellos de enmalle, 16 quilos de polbo, cinco de nécora e dous de camarón. Na de Corcubión requisaron 45 quilos de longueirón e na zona de Carnota se fixeron con máis de dous quilos de polbo.

Comentarios