Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gran expectación para a Mesa-debate sobre a contaminación orgánica no mar

Gran expectación para a Mesa-debate sobre a contaminación orgánica no mar
Saida do colector vello de saneamento no Pindo-Foto-Quino Pais A contaminación que sofre o Pindo pola falta de saneamento estará presente na mesa-Foto-Quino Pais

Recoñecía o catedrático Manuel Soto en QPC que “aínda hai moitos vertidos que non se tratan”, que só se cumpre a normativa nun 55%, que o sector agro-gandeiro aínda ten moito que mellorar en materia de depuración de augas… Son claves tremendamente interesantes que se debaterán este sábado 27 de xaneiro na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso) a partir das 17:00h na mesa “Ética e contaminación orgánica do mar”, que organiza a asociación Mar de Fábula, coa colaboración de QPC.

Está confirmada a presencia de 7 representantes municipais (entre alcaldes e concelleiros), varias representantes das Agrupacións de Mariscadoras de Noia, Muros, Corcubión, Camariñas e O Anllóns; representantes do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, e dalgunhas asociacións da bisbarra. Non poderán estar os veciños do Pindo por motivos familiares, pero a súa concreta problemática co saneamento da vila estará presente na mesa a través do seu moderador, Ubaldo Cerqueiro de QPC.

Quedará pequena a lareira da FEP para tratar asuntos tan importantes como a posible eutrofización, os vertidos dos cruceiros, as causas, os culpables e as consencuancias de seguir vertendo augas sen depurar nas nosas rías, e os posibles pasos adiantes que poder

Os encargados de intentar de dar resposta a estas temáticas chegan de diferentes edios. Primeiro falará a química Mariví Areas, que como membro de Mar de Fábula nos porá en contexto. De seguido o catedrático Manuel Soto dará a súa visión das problemáticas. De seguido teremos a visión técnica de Marcos Tostado, de Augas de Corcubión, como Xefe de Planta da EDAR de Cee. E por último tratará de poñer argumentos institucionais José Molares, Subdirector do Intecmar.

Será unha cita aberta ao público para sacar do silencio un dos problemas máis graves que afronta o noso medio mariño.

Novas relacionadas

  • Manuel Soto: “Aínda hai moitos vertidos que non se tratan”.
  • Outros artigos de Xosé Manuel Barro

    Novas de Mar de Fábula

    Novas relacionadas Fonte

    Comentarios