Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe celebrou unha nova botadura dos Asteleiros Fibramar

Laxe celebrou unha nova botadura dos Asteleiros Fibramar
Fermosa tarde a do pasado venres en Laxe, onde se levou a cabo unha nova botadura. Sempre é unha boa nova cando os Asteleiros Fibramar rematan un traballo, e tocaba botar e brindar. Numerosos veciños acodiron ao peirao laxense para disfrutar co primeiro baño do Playa Blanca, un barco de 15 metros de eslora e 35 toneladas, totalmente novo, con destino á pesca profesional con artes menores na costa cántabra de Suances. Como dato particular, destacar que despois dunha construcción no ano 2003, este buque é o segundo que fabrica o mesmo armador en Astilleros Fibramar. Con este, son tres os buques de pesca profesional que constrúe este ano o Astillero Fibramar, dirixido por Javier e Daniel Carracedo. A estes hai que sumar a construcción de numerosas embarcacións deportivas. Barco Playa Blanca entrando no porto de Laxe Así entrou o Playa Blanca no porto de Laxe

Fonte

Comentarios