Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lema reivindica a importancia das rutas marítimas da historia da Costa da Morte

Lema reivindica a importancia das rutas marítimas da historia da Costa da Morte
Presentacion do libro de Rafael Lema costa-morte-cronica-maritima

Non para este escritor da Ponte do Porto. Vén de presentar o seu novo libro, “Costa da Morte, crónica marítima" na sé da Fundación Pondal de Ponteceso. A obra de Rafael Lema, editada polo GALP conta con 135 fotos, e recolle crónicas da historia do comercio marítimo e a influencia do mar na actividade socioeconómica na zona comprendida entre Caión e Fisterra. Na presentación, á que acodiron unhas 70 persoas, estivo acompañado por Xosé María Varela e Luís Giadás da fundación Pondal, o alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido e Guillermo González xerente do GALP.

O libro explora "a vida na a Costa da Morte máis alá dá relación cos naufraxios”, sinala o autor, vinculando o mundo mariño de Ponteceso a través do cabotaxe de Corme, ou as actividades empresariais da familia Pondal, que renovaron Ponteceso. Houbo versos daquel Pondal máis mariñeiro.

Pero o centro da conversa xirou sobre o papel da nosa costa nas rutas marítimas. “Non somos un país salvaxe, temido para vos navegantes, senón un lugar de tránsito, poaso, ancoradoiro e tamén entrada e saída de mercancias desde fai 2.000 anos, con épocas de gran apoxeo mercantil como a baixa idade media", relatou Lema, sinalando que esta época “durou ata onte, e mesmo os nosos pais lembran aínda os derradeiros pataches que traían todo por vía mariña ás rías de Corme e Laxe e Camariñas”.

O intercambio co País Vasco dende a Idade Media, cos seus mellores tempos no século XIX; a impotancia das vendas por vía mariña de trigo e cereais de Bergantiños e dos monasterios da ria de Camariñas; a relevancia de do encaixe bolillos, que tivo de inicio o principal porto exportador en Corme e o punto de maior produción en Muxía, ainda que desde 1836 xa Camariñas mete a cabeza a nivel galego; a madeira, a cerámica de Buño, os mineirais e as manufacturas das primeiras industrias locais ata mediados do século pasado. Lema fixo un repaso por todas as actividades que tiñan unha saída sobre todo marítima, reivindicando así a validez dos nosos portos no tránsito mercantil.

Como non podía ser doutro xeito, Lema sacou oseu lado máis corsario, e falou de episodios históicos relevantes, dos corsos, dos baleeiros, dos escravos… “que son unha evidencia da importancia dá nosa coarca para a navegación mundial e da riqueza do noso comercio mariño".

Puxo datas concretas como que en 1530 aparecen en Galicia os primeiros baleeiros vascos- franceses, tras ser expulsados das costas vascas, e se sitúan en Caión e Malpica. A documentación baixo medieval xa especifica que se pescan e trátanse “sardinas, congrios, pixotas (merluzas), bogas, pos, sybias, badejos, recoiro” en 1348 “congros, pixotas, vesugos, fanecas, budión, barbo, pixotas pequenas, ostra fresca e escabechada". Os documentos sobre sacadas e cercos nos séculos XVI-XVII confirman a súa existencia en Cee, Fisterra, Muxía, Corcubión, Laxe, Camariñas, Corme, Malpica.

Vindeira2 presentación2

A próxima presentación será o 18 de febreiro ás 18:00 da tarde no club náutico de Camariñas, e o 23 de febreiro na biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios