Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mar inviste 130.000 euros en melloras no porto de Camariñas

Mar inviste 130.000 euros en melloras no porto de Camariñas
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de realizar diversas melloras no porto de Camariñas por importe de máis de 130.000 euros. Así o sinalou  o presidente do ente público, José Juan Durán, no transcurso dunha visita a vila. Jose Juan Duran, Presidente de Portos, visitando Camariñas acompañado do alcalde e de outros/as representantes Durán Hermida explicou que o seu departamento ten actualmente en execución as obras de dotación da nova rede de saneamento e nova beirarrúa, que completarán o acondicionamento da zona de servizos portuarios. Esta actuación supón un investimento de 70.000 euros. En concreto, os traballos consistirán no tendido dun novo colector situado na zona central da explanada, que recolla os verquidos dos edificios de departamentos, lonxa, club náutico e servizos portuarios. Os verquidos serán posteriormente evacuados á rede xeral municipal para o seu tratamento axeitado. Ademais, construirase unha beirarrúa polo bordo do viario na marxe da explanada, para separar o vial e a zona do náutico. Esta actuación, únese ás executadas nos últimos meses tanto en materia de conservación e mantemento de diferentes instalacións portuarias como os pantaláns ou a rede eléctrica, que contaron cun investimento de 50.000 euros. Así mesmo, executouse tamén o recalce do peirao, cun orzamento de 10.000 euros, para encher os ocos xerados na parte baixa pola acción do mar.

Comentarios