Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novas axudas para os traballadores do Mar

Novas axudas para os traballadores do Mar
axudas-seguridade-mar A consellería do Mar vén de anunciar que destinará 850.000 euros a esta medida 850.000 euros é o orzamento que destina a consellería do Mar a mellorar as condicións de traballo e seguridade dos profesionais do mar. A nova comunicouna esta mañá Rosa Quintana, a conselleira do Mar, durante unha visita á nova instalación frigorífica da lonxa de Meira, en Moaña, onde estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Alí, a conselleira lembrou que o seu departamento vén de convocar a orde de axudas para levar a cabo proxectos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas. Rosa Quintana adiantou que as confrarías de Galicia teñen o prazo dun mes para solicitar as subvencións ante a consellería para acometer aquelas melloras que desexen. Ademais, a conselleira do Mar lembrou que entre o 2009 e o 2016, o seu departamento investiu 21,5 millóns de euros na mellora das condicións de traballo dos profesionais do mar de Galicia. Así, explicou que este investimento se realizou con cargo ao antigo Fondo Europeo de Pesca e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e que o obxectivo destas actuacións é mellorar as condicións de traballo dos profesionais do mar que desenvolven a súa actividade diariamente nestes espazos, sobre todo no relativo á comercialización, á trazabilidade e á seguridade alimentaria, entre outros aspectos. Fonte

Comentarios