Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG denuncia o desdén do goberno municipal ante o eterno problema cos vertidos nas praias non aptas para o baño de Camariñas

O BNG denuncia o desdén do goberno municipal ante o eterno problema cos vertidos nas praias non aptas para o baño de Camariñas
Zona de vertidos das canalizacions en Area da Vila-Camarinas Zona de vertidos das canalizacions en Area da Vila-Camarinas

Dúas das sete praias nas que non te deberías bañar este verán na Costa da Morte están en Camariñas. As augas de Camelle e Area da Vila, de feito, están fóra de calquera catalogación de calidade de augas, porque pasaron máis de 5 anos obtendo análises de calidade insuficiente para o baño, e a Xunta non vai volver extraer analíticas ata que haia algunha acción para solventar o problema.

Pero pasan os anos e en Camariñas non se fai absolutamente polo saneamento. Unha circunstancia que tamén denuncia o BNG, que lamenta as zonas de vertidos polas canalizacións preto do areal Area da Vila, e que “reclama cada ano un plan municipal para canalizar e levar os residuos cara a depuradora”.

Mentres, seguen os residuos fecais verténdose dende as casas directamente ao mar por mor das “deficiencias na canalización”. “Pero o goberno municipal segue mirando para outro lado, e cando chega a tempada estival, esas praias habitualmente non son aptas para o baño”.

Lembra o BNG con vergoña allea aquel baño do alcalde Pichurri en 2015, en plan Fraga en Palomares, para quitar “negar unha vez tras outra as alertas de contaminación na praia de Lingunde, moi preto do casco urbano do municipio”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-7-praias-da-costa-da-morte-onde-non-te-debes-banar-este-veran/

Comentarios