Luns. 16.09.2019
El tiempo

O BNG reclama de novo a necesidade de establecer a Base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte

O BNG reclama de novo a necesidade de establecer a Base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte
Ana Pontón e a comitiva do BNG achegouse ao heliporto pantasma de Lires Ana Pontón e a comitiva do BNG achegouse ao heliporto pantasma de Lires

Volveu o BNG a sacar a luz a tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte. Unha historia chea de desfeitas que remata cun final infeliz, e unha costa pouco protexida ante as catástrofes.

Xa van 3 anos e medio dende que a Base de Salvamento Marítimo de Rubio (Lires, Cee) está pechada. Ata as súas portas achegouse onte unha comitiva comarcal do BNG, coa voceira nacional Ana Pontón á cabeza, para reclamar a necesidade de ter na bisbarra un servizo de Salvamento rápido. Unha reclamación que chega aínda cos ecos do 15 aniversario do Prestige, tralos que poucas cousas cambiaron en materia de seguridade marítima.

Pontón fixo fincapé nos cerca de 2 millóns de euros malgastados nun heliporto e nunha nave que están inoperativas e coas instalacións pechadas, ao que se suman os 13 millóns de euros de adquisición dun helicóptero, agora con base en Santiago. “Habería que preguntarse se José Blanco e Ana Pastor, -ambos ex responsables do Ministerio de Fomento co PSOE e co PP-, non deberían pagar este despropósito dos seus petos”, alegou a dirixente do Bloque.

Esta proposta para ubicar unha base de salvamento mariño na Costa da Morte será trasladada ao Parlamento.

Base contra a contaminación mariña en Brens

Ademais, o Bloque tamén demanda unha base de loita contra a contaminación mariña, aínda que neste caso a ubicación idónea sería o porto de Brens.
“O que non ten sentido é que os medios de loita contra a contaminación mariña estean almacenados nunha nave no Concello de Fene, teñen que estar na Costa da Morte para facilitar unha resposta rápida ante calquera incidencia”, indicou Pontón, “e por suposto con persoal activo as 24 horas do día en ambos casos, tanto na base de salvamento como na de loita contra a contaminación”.

Día da dignidade

Así mesmo, o BNG segue pedindo que o 1 de decembro se estableza como Día da dignidade de Galiza., en memoria daquela mobilización a golpe de #NuncaMáis que protagonizou a sociedade galega hai 15 anos.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios