Martes. 19.02.2019
El tiempo

O "Buscadores de naufraxios" mergúllanse nas augas da Costa da Morte

O "Buscadores de naufraxios" mergúllanse nas augas da Costa da Morte
fisterra-naufraxios A TVG estrea este domingo o programa "Buscadores de Naufraxios" que neste primeiro capítulo explorarán o "Matthew Cay", afundido nas augas de Fisterra O próximo domingo, 23 de setembro, a TVG estrea un novo programa no que mestura historia, épica e aventura e que leva por título "Buscadores de Naufraxios". En cada un dos capítulos mergullaranse nas costas galegas para atopar un barco afundido, exploralo e rescatar a súa memoria das profundidades. Fisterra será a protagonista do primeiro capítulo que se emite o domingo ás 23:20 horas e no mostrarán os restos do "Matthew Cay". Un mergullador encargarase de guiar aos espectadores ata o pecio, facendo inmersións arriscadas e incluso perigosas coas que descubrirán lugares inexplorados e nunca antes gravados por unha cámara da televisión. Tres mil son os naufraxios rexistrados en Galicia. Tres mil historias, tres mil traxedias, moitas veces esquecidas. O programa centrarase en embarcacións históricas, desde maxestosos galeóns do século XVI, pasando por cruceiros de luxo de principios do século XIX ata grandes mercantes que navegaron as nosas augas a finais do século XX. [fbvideo link="https://www.facebook.com/buscanaufraxios/videos/1787660541351042/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Fonte
Comentarios