Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CN de Camariñas valora o éxito da I Feira Náutica e xa ten data para a cita 2018

O CN de Camariñas valora o éxito da I Feira Náutica e xa ten data para a cita 2018
Imaxe da Fenacam de Camarinas 2017 A Conselleira do Mar estivo na I Fenacam de Camariñas 2017

Fai un balance máis que positivo o Club Náutico de Camariñas da institucional I Feira Náutica e de Ocasión de Camariñas. Unha cita que recibiu a unhas 3.000 persoas, segundo o CN, e na que as vendas resultaron también exitosas entre todos os expositores presentados, os cales xa solicitaron a súa presenza na próxima edición.

Unha segunda edición da FENAUCAM (engaden unha “U” para alonxarse dunha feira semallante que existe no Brasil e poder rexistrar un bo dominio) que xa está en marcha, e que xa ten data: 22, 23 e 24 de xuño de 2018, que chegará co lema “Vive e sente a náutica no Corazón da Costa da Morte”.

De primeiras, xa nos confirmaron que a II Feira terá algunhas pezas do museo da Fundación Titanic e de gran valor histórico, o cal convertirá a Camariñas no mes de xuño na capital Náutica de Galicia.

Presencia noutras feiras

Mentres, o CN non para e a finais de setembro asistirá á Feira Náutica da Rochelle en Francia, unha das más importantes a nivel mundial, e onde presentarán en roda de prensa ante os medios a II Feira Náutica e de Ocasión de Camariñas (FENAUCAM 2018), e presentando o espectacular do Descenso en Kayak Ponte do Porto- Camariñas realizadas por Costa da Morte Drone para o Club Náutico

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios