Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O foro MARketing forma a profesionais do mar en materia de comunicación

O foro MARketing forma a profesionais do mar en materia de comunicación
Foro MARKeting en Laxe O Museo do Mar de Laxe acolleu o Foro MARKeting Foro Marketing Costa da Morte

Este pasado luns, varios profesionais do mar de toda a bisbarra participaron no foro MARketing Costa da Morte, que o GALP Costa da Morte organizaba no Museo do Mar de Laxe. Unha cita orientada a facilitar a mellora na comunicación, promoción e visibilización, tanto das confrarías como dos produtos do mar de cada unha de elas.

Foron 5 os aspectos craves para entender todo o que rodea ao mercado do mar e os seus produtos, procurando ver as principais debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades ás que se enfronta a Costa da Morte e os seus produtos do mar.

Da man de expertos en Mercadotecnia, Fernando Rodríguez, Modesto Gómez e José Sixto, falouse de como mellorar o traballo e as habilidades da xente do mar grazas á comunicación e así mellorar a identidade dos nosos produtos, amplificar a súa resonancia e dar valor a todos os produtos do mar e a todo canto lle rodea.

Durante o desenvolvemento xurdiron boas ideas, como a necesidade de unión entre os percebeiros de Galicia para facer un selo de calidade propio de #PercebeGalego. Ideas que cómpre asumir polo sector.

Por último a familiarización coas novas ferramentas de comunicación dixital e as redes sociais, procurando entender como nos poden axudar a mellorar e promocionar o noso traballo no marco da nosa estratexia EDLP.

Para finalizar non podía faltar a degustación para demostrar, co cociñeiro Iago Pazos, o poder de persuasión que ten a cociña.

Comentarios