Martes. 16.04.2024
El tiempo

O furtivismo, a regulación da mexilla e a axilidade das subvencións, os problemas máis importantes das confrarías de Carnota

O furtivismo, a regulación da mexilla e a axilidade das subvencións, os problemas máis importantes das confrarías de Carnota
rosa-quintana-na-confraria-do-pindo Merche Díaz Mayán, segunda pola esquerda, explicounos as peticións do pósito do Pindo á Conselleira de Mar

Estivo de ruta pola bisbarra a, de novo, conselleira do Mar, Rosa Quintana. Acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visitou as confraría de pescadores de Lira e do Pindo, en Carnota, para escoitar as súas demandas. Demandas que deixaron claro os problemas do sector marisqueiro da zona.

O Furtivismo

Como nos conta a secretaria da Confraría pindexa, a combativa Merche Díaz Mayán, o furtivismo segue a ser un dos problemas fundamentais. Lembráronlle á Conselleira que este verán 3 coches das mariscadores sufriron sendos actos de vandalismo e acabaron con sendos pinchazos por unhas puntas estratexicamente clavadas na zona de aparcamento do pósito, nunha nova demostración de como as gastan os furtivos.

Pero dende as confrarías piden que a “vixilancia sexa de fóra, porque se é de aquí, unha persoa soa e traballando só 4 ou 5 meses ao ano, non pode facer nada… A ver quen se enfronta con eles”, explican pedindo que sexa unha empresa foránea a que execute a vixilancia dun xeito estrito. De feito, agora un novo vixilante pero mesmo na confraría non saben se teñen a subvención aprobada.

Problemas económicos

Precisamente os asuntos das subvencións tamén foi un dos máis tratados na xuntanza. A falta de axilidade das subvencións obrigan aos pósitos a arriscar e adiantar moitos cartos en, por exemplo, a contratación da bióloga. “Nós levamos dende xullo adiantando o soldo da bióloga e aínda non sabemos ao 100% que nos van dar a subvención. As administracións van moi lentas e para confrarías pequenas como as nosas é moi difícil traballar así”.

A Conselleira meteulle culpa ás eleccións, pero sabe que hai que mellorar ese aspecto, que deixa os pósitos nunha situación tan comprometida como se atopa a liracha nos últimos anos.

A Mexilla, o eterno problema

”O dá mexilla é un problema de vello, levo media vida pelexando por isto”, apunta Díaz Mayán. É a mexilla o recurso máis importante para as mariscadoras desta zona (o berberecho non dá medrado o suficiente para competir con zonas como Noia…), pero segue sen estar regulado. Os bateeiros, ou ås empresas que reciben a “concesión” deste ben natural, fan convenios coas mariscadoras para que lle recollan aproximadamente 3.500 sacos deste prezado produto, pero nunca se rexistra nin se leva a contabilidade.

Que provoca isto, que o produto máis importante da confraría non deixa un só peso na mesma, e que ao estudar os posibles novos permex para a confraría non se valora o traballo que se emprega en recollelo.

Obras de mellora

As obras de mellora das instalacións é outra das reivindicacións dos pósitos. Se polo Pindo o edificio necesita un lavado de cara, pois xa leva 12 anos sen pintar nin nada, por Lira a cousa é máis urxente. Pedíronse unha gran mellora da lonxa, que está moi deteriorada.

A Conselleira na confraría de Lira A Conselleira na confraría de Lira

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios