Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Galp Costa da Morte promociona a Cociña Atlántica

O Galp Costa da Morte promociona a Cociña Atlántica
galp-costa-da-morte O pasado luns tivo lugar no restaurante As Garzas de Malpica un taller sobre a cociña atlántica organizado polos Galp Costa da Morte Varios establecementos hostaleiros da bisbarra e membros da confrarías de pescadores da zona partiparon o pasado luns nun taller de cociña organizado polos Grupos de Acción Local - GALP - do sector pesqueiro Costa da Morte e Seo de Fisterra Ría de Muros - Noia e que tivo lugar no restaurante As Garzas, de Malpica. Alí, o cociñeiro Fernando Agrasar - tamén como "Caco" - foi o encargado de impartir a formación coa colaboración dos cociñeiros Francisco Insua e Sefa - do restaurante O Fragón de Fisterra -. O obxectivo deste taller foi que os participantes aprenderan a elaborar diferentes receitas no marco da cociña atlántica, así como intercambiar experiencias e coñecementos na materia. Presentación web cocina-atlantica O Galp Costa da Morte conseguiu o distintivo de "Cocina Atlántica" como marca colectiva O encontro tamén serviu de oportunidade para dar a coceñer a páxina web e a aplicación "Cocina Atlántica" como un punto de encontro para os establecementos hostaleiros da zona. Nesta app atópase información de 72 restaurantes así como as especialidades que ofertan no marco da Cociña Atlántica sumando máis de 1000 especialidades entre todos eles. A finais do pasado mes de outubro, a Oficina Española de Patentes e Marcar otorgoulle a titularidade da marca colectiva "Cocina Atlántica" ao Galp Costa da Morte; un recoñemento da calidade autóctona atlántica, en canto á orixe do producto, elaboración dos pratos, tradición e historia ligada á receta. Proxecto Morada Atlántica Todas estas iniciativas enmárcanse dentro do proxecto "Morada Atlántica" que ten como finalidade potenciar a cooperación e a transferencia de coñecemento dos territorios costeiros do arco atlántico - España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda - a través da configuración de novos productos turísticos sustentables que permitan diversificar e desestacionalizar a oferta turística, aproveitando o tirón mariñeiro como elemento de identidade e de autenticidade. O GALP Costa da Morte e o GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia presentaron en outubro de 2016 este proxecto para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020. Novas relacionadas Fonte

Comentarios