Martes. 23.04.2024
El tiempo

O lobo mariño “Luís Muxía” regresa ao seu fogar

O lobo mariño “Luís Muxía” regresa ao seu fogar
Leon Marino cinsento Luis Muxia O León Mariño cinsento Luis Muxia camiño do mar de Irlanda

Voltou ao mar de Irlanda o león mariño cinsento restacado o pasado mes de febreiro en Muxía que lle servía ao CEMMA lembrar aquela fermosa historia da Nuncamaisiña, a foca rescatada canda o Prestige.

Esta mañá, o Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), en colaboración co Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), despediu hoxe á cría de lobo mariño cinsento Luis Muxía, que inicia o seu regreso ao mar.

Luis Muxía foi trasladado desde o Igafa ao porto de Vigo por unha unidade móbil do CEMMA e alí embarcou con rumbo a augas de Irlanda, onde será depositada. Esta cría de lobo mariño foi rescatada nas costas de Muxía o pasado 17 de febreiro e foi trasladada á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario do CEMMA, en Nigrán. Tras unha evolución favorable no CEMMA o lobo mariño a continuou a súa recuperación no IGAFA, que rematou favorablemente e na que acadou 31 quilos de peso.

 

Novas relacionadas

Máis novas de fauna mariña

Fonte

Comentarios