Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Mar na Escola, escollido Mellor Proxecto de Promoción da vela pola Federación Galega

O Mar na Escola, escollido Mellor Proxecto de Promoción da vela pola Federación Galega
Marcos Trillo e Noemi Bermudez na Gala da Federacion Glega de Vela Marcos Trillo e Noemi Bermudez recibiron do mesmo Feijoo o premio na Gala da Federación Galega de Vela

Levamos moitos anos destacando a grandeza do proxecto O Mar na Escola, Xogando con Vento. Que 400 nenos da Costa da Morte poidan achegarse ao mundo da vela dentro do programa educativo é unha das demostracións máis importantes da importancia vinculación da nosa bisbarra co Mar. Un programa que segue traspasando fronteiras, e que vén de recibir na recuperada Gala da Federación Galega de Vela o Premio ao Mellor Proxecto de Promoción da Vela do ano.

Unha gala celebrada o pasado venres na que estivo o rei emérito Juan Carlos, que tamén recibiu un galardón con toda a tripulación do seu Bribón. Entre todos os premiados, estaban os grandes responsables desta pioneira idea en Galicia, Noemí Bemúdez e Marcos Trillo, da empresa corcubionesa Cataventos Escola de Vela.

Dende 2004

”O Mar na Escola” iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e aos poucos se foron sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo. O programa está estruturado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de todos os medios técnicos necesarios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios