Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PSdeG alerta da situación irregular do actual presidente do GALP da Costa da Morte

O PSdeG alerta da situación irregular do actual presidente do GALP da Costa da Morte
loli-toja Loli Toja é a portavoz de Pesca do PSdeG no Parlamento Galego A portavoz de Pesca do PSdeG - Loli Toja - levou onte unha pregunta oral á Comisión de Pesca do Parlamento na que advirte da situación irregular do actual presidente do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte - GALP 3 -. A responsable socialista sinala que, como xubilado, a normativa que regula as confrarías e federacións impide que poida elixirse. Toja sinalou que este caso “constitúe unha mostra da xestión irresponsable e desastrosa dos recursos públicos procedentes da UE por parte da vonsellería”  e puntualizou que “vai moito máis alá dun asunto local do GALP 3 ou da vonfraría de Caión, trátase de prácticas irregulares nas institucións”. Toja sinalou que a propia conselleira de Pesca lembrara en 2014 que no mes de maio aquel ano “terá que abandonar o seu posto e tamén a presidencia do GALP 3”, a pesares do que, tres anos despois, continúa no mesmo cargo. Considera neste sentido que “resulta sorprendente que están xestionando recursos públicos - procedentes do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca - sen cumprir coa legalidade”. A responsable socialista criticou que, en lugar de cumprir coa súa palabra, a conselleira de Pesca “permite isto e mesmo se acompaña desta persoa en distintos actos pola Costa da Morte”. Esixiulle á consellería que “leven a cabo as xestións necesarias para regularizar canto antes esta situación contraria á Lei”. Toja resumiu que “non se está a cumprir a legalidade” por canto o titular do GALC 3 ten recibido 200.000 euros polo desguace da súa embarcación coa condición de que non podía retomar a actividade. Ademais, a normativa sinala que os membros da confraría xubilados manterán a condición de membros honorarios “sen dereito a ser elector ou elixible”. Fonte

Comentarios