Venres. 29.03.2024
El tiempo

O sector mariñeiro cítase co medio ambiente na FEP

O sector mariñeiro cítase co medio ambiente na FEP
Encontro de Lixo Marino na FEP

Importante cita este sábado 17 de xuño, ás 17:00h na Fundación Eduardo Pondal. O sector pesqueiro afronta unha xornada de reflexión e debate sobre o lixo mariño, acodindo á chamada da Asociación Mar de Fábula. Membros da Asoar - Armega, das confrarías de Camariñas, Corme e Laxe, ou das agrupacións de mariscadoras de Camariñas e do Anllóns, compatirán mesa de debate con Álvaro Barros, de Mar de Fábula, e con Sven Schwesch, o eterno voluntario do prestige, nun debate moderado por Ubaldo Cerqueiro, responsable desta casa.

Un debate que pretende ser, segundo a intención do organizador Xosé Manuel Barros, alma e motor de Mar de Fábula, “o km.0 da reconstrución da nosa dignidade colectiva a través da limpeza e conservación da Casa Común, do noso tesouro máis prezado, a natureza e o medio mariño”.

Nesa liña, as limpezas de lixo plásticos do noso litoral que leva realizado nos últimos anos, deixan imaxes ben simbólicas: eses bastonciños que caen ao mar dende os nosos retretes (aínda que nas enquisas ninguén tiramos plásticos polo báter) ou eses paus de plástico das bateas de mexillón, que dán conta da loita que queda por facer na responsabilidade persoal e profesional.

Cifras contrastadas sinalan que un 20% de refugallos que rematan nosos areais ou boleiras proceden da industria pesqueira (posiblemente algo maior nunha zona como Galicia). Pero hai arredor dun 80% que o fai dende terra firme.

Neste sentido, o debate parte sen máis inimigos que o consumismo exacerbado desta sociedade. Un debate que nace coa intención de sumar e alcanzar novas formas de mellora da eficiencia do tratamento de refugallos no mar, na prevención, e que rematará cun manifesto común que asinarán todas as entidades.

Novas relacionadas

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios