Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os de Muros e Camariñas, entre os 5 portos autonómicos que máis visitas de recreo recibiron en 2016

Os de Muros e Camariñas, entre os 5 portos autonómicos que máis visitas de recreo recibiron en 2016
Marina de Muros Marina de Muros

Os portos de titularidade da Xunta recibiron durante este 2016 un total de 8.167 embarcacións náutico recreativas en tránsito, un aumento do 4% con respecto ao ano pasado. Deles, 1460 pararon nos portos costeiros de Muros, Muxía e Camariñas. O porto muradán é o porto autonómico con maior rexistro, con 686 visitas, por diante de A Pobra (500), ou Ribadeo (458).

Foron 328 barcos os que pernoctaron en Muxía e 446 en Camariñas, o 5º posicionado en número de barcos.

A captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural da Consellería do Mar, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que Portos de Galicia está levando a cabo. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación da Consellería do Mar, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de París e proximamente os de Dusseldorf, Dublín e Southampton.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios