Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os mariñeiros, e as mulleres do Cerco, celebraron a última cea no campamento de San Caetano pero non abandonan a loita

Os mariñeiros, e as mulleres do Cerco, celebraron a última cea no campamento de San Caetano pero non abandonan a loita
O armador malpicán Pedro, no Desmantelamento do campamento do cerco en San Caetano O armador malpicán Pedro, no Desmantelamento do campamento do cerco en San Caetano

Xa están nas súas casas todos os mariñeiros do Cerco. 3 meses despois de deixar o mar e tomar os xardíns de San Caetano, os mariñeiros do Cerco levantaron o campamento este domingo 4 de xaneiro. Fixérono tras unha emotiva última cea na que as protagonistas foron as mulleres dos mariñeiros, claves para o sector, e tras un domingo de despedidas, e de discursos emotivos. Agora toca volver ao mar, o mar que lles dá a vida.

”A última cea”

A última cea das Mulleres do Cerco cos velones A última cea das Mulleres do Cerco cos velones no campamento de San Caetano

Así bautizaron os membros da loita esta simbólica última noite nas tendas de campaña nos xardíns de San Caetano. Chegaron as mulleres ao campamento arredor das 21:00h, tomando o relevo. Cearon en confraternidade, fixeron a queimada, co obrigatorio conxuro e saíron de procesión cos velones prendidos levando o lema “Eu vivo do mar”, para depositalos na capela do Carme, que se atopa a apenas 600 metros das dependencias da Xunta.

Non acaba aí o traballo das mulleres. A pancarta “Agora tócalles as mulleres”, estas seguirán infomando á sociedade galega e española da problemática que atraves a frota, e desenvolverán unha serie de actos informativos e reivindicativos nos vindeiros meses.

Un domingo emotivo

A portavoz das mulleres do cerco Lucia co presidente de ACERGA Juan Jose Blanco Agraso copia A portavoz das mulleres do cerco Lucía, dando paso ao presidente de ACERGA Juan Jose Blanco Agraso copia

Tan emotiva foi a recollida do campamento do domingo. Patróns como o malpicán Pedro recolleron as tendas e os enseres que levan utilizando dende aquel 22 de outubro.

Antes, tocou o momento dos discursos. Lucía, a voceira das Mulleres do Cerco, presentou e o presidente da patronal ACERGA, Juan José Blanco Agraso, deixou un completo discurso, que aquí recollemos enteiro, para que non se nos escape nada.

Despedida de San Caetano da familia do Cerco Galego Despedida de San Caetano da familia do Cerco Galego

De volta ao mar

Hoxe estamos aquí para levantar este campamento e voltar a traballar no mar, que e a nosa profesión. Este campamento que foi o símbolo dá nosa loita por un reparto xusto . As administracións crearon un problema onde non o había, pecháronse nos seus despachos e miraron para outro lado, as veces que nos deixaron entrar a falar, foi para dicirnos que non tiñamos razón e que estaba todo ben. Decidimos vir terra dentro e acampar diante dous seus despachos para que pasasen vergonza cada vez que mirasen pola fiestra, para poder estar preto deles e que superan o que están a facer coas familias que dependen do mar. Pero ningún responsable veu a falar con nos. Os que viñeron ata este campamento, foi xente de boa fe, a quen se lle explicou o problema onde nos meteron as administracións, tamén lles explicamos a falta de apoio e sensibilidade dá nosa conselleira e a situación desesperada pola que pasan moitas familias. Eles que se achegaron a falar con nos, comprenderon o problema que existe e que esta situación ten que cambiar. Por iso desde ACERGA quero agradecer a axuda a todos aqueles que se achegaron por estes xardíns onde viñemos a expoñer a nosa situación, agradecer en primeiro momento a todos os mariñeiros que pasaron duras noites pesando non seu futuro e no das súas familias, sen eles e o seu esforzo a nosa loita por un reparto xusto non tería sentido. Despois quero agradecer a todas as forzas políticas que viñeron a esa carpa a escoitarnos, e mostrar o seu apoio, agradecer a todos os alcaldes que pasaron por este campamento para apoiar as nosas reivindicacións e deste xeito defender o futuro dás súas vilas, agradecer tamén os sindicatos o apoio dado as nosas reivindicacións, agradecer tamén a os xornalistas que se fixeron eco dos nosos argumentos e que desa forma puidemos explicar o que esta pasando co a flota de cerco en Galicia, tamén agradecer o seu apoio e comprensión a todas as persoas anónimas que en algún momento se achegaron ata aquí; dende unha señora que nos trouxo croquetas ata os bombeiros que pasaron unha noite con nos, tamén quero agradecer especialmente o seu apoio a Pilar Aymara que estivo o noso lado apoiándonos, e non quero esquecerme de dar as grazas a o Concello de Compostela por entender á nosa situación e darnos tantas facilidades. Non quero despedirme sen agradecer as nosas mulleres o apoio que nos están dando, primeiro dende as nosas casas e despois neste campamento que hoxe levantamos. Elas decidiron tomar o relevo para dar a coñecer o noso problema agora que temos que ir o mar. Hai que dicir que nos voltamos o mar, pero non deixamos a nosa loita por un reparto xusto para todos, e que mais pronto que tarde o imos conseguir. Porque cando as causas son xustas, os tempos para arranxar as situacións inxustas son curtos. Sei que o final desta loita está preto. Tras tres meses aquí, cos seus dias e as súas noites, levamos moitas batallas ganadas (trouxemos máis cotas, fixemos publico un problema que moitos se empeñaron en agochar...), pero a vida do mariñeiro é o mar. Agora a loita entra nos despachos, onde algúns tentaron afastala durante máis de dous anos. Durante tres meses vimos como algúns dirixentes tentaron afundir os nosos ánimos, Pensaron que ACERGA se desfaría e que deste modo gañarían, tamén se trabucaron. Hoxe saimos para o mar mais fortes do que hai 90 dias viñemos aquí. Do que estamos orgullosos é da unión da flota que traballa e vela polo seu futuro. Nos voltamos ó mar, e seguiremos traballando para gañar esta guerra. Espero que o final desta loita todos poidamos mirarnos a cara como mariñeiros orgullosos do noso traballo. Grazas a todos e espero non haberme esquecido de ninguén, recordade que hoxe ímonos deste xardín pero que o problema segue e que non imos parar ata arranxalo. O Cerco asturiano tamen estivo en San Caetano O Cerco asturiano tamén estivo en San Caetano  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios