Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden a urxente reparación da fachada marítima de Fisterra e un contador de vehículos na estrada do Faro

Piden a urxente reparación da fachada marítima de Fisterra e un contador de vehículos na estrada do Faro
Terrazas da fachada maritima de Fisterra Terrazas da fachada maritima de Fisterra A asociación de veciños de Fisterra "Costa da Morte" vén de remitir un escrito a Portos de Galicia reclamando a urxente reparación da fachada marítima de Fisterra.  A entidade veciñal indica que recibiron numerosas queixas polas goteiras que existen nas cubertas das terrazas o cal "revela a falta de mantemento das mesma por parte de Portos de Galicia que, malia relizar o cobro do canon correspondente, non realiza unha revisión periódica da instalación", sinalan. Ademais dende a asociación de veciños, sinalan que xunto a esta hai outras deficiencias na zona como a desaparición de bolardos, lousas soltas e rotas, rexillas para a recollida de augas pluviais en mal estado que necesitan unha urxente reparación.

Sinalización

A entidade volven insistir na necesidade de elaborar unha ordenanza que regule e harmonice os rótulos e carteis indicadores dos distintos establecementos turísticos e daqueles relacionados co Camiño de Santiago, por canto nestes últimos anos e debido ao auxe deste tramo do Camiño aumentou o número de albergues que ofertan aloxamento aos numerosos peregrins que chegan ata Fisterra, o que ten ocasionado unha eclosión de carteis anunciadores de formatos variados e colocados, en ocasións, en lugares inapropiados, que dá unha sensación de desorde ou descontrol.

Nese sentido, e dado que a imaxe é fundamental nun concello turístico como Fisterra, piden ao Concello que arbitre unhas medidas e un formato normalizado para os carteis, así como postes colocados para tal fin.

Contador de vehículos

De igual xeito, a Asociación pide a instalación dun contador de vehículos (diferenciando entre turismos e autobuses) para poder implementar os servizos adecuados e planificar a oferta turística futura de Fisterra, así, como, verificar documentalmente o número de vehículos e visitantes que chegan anualmente a este emblemático destino turístico da Costa dá Morte.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte".

Comentarios