Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ponteceso propón á Consellería do Mar crear viveiros de empresas dos sector do mar no porto de Corme

Ponteceso propón á Consellería do Mar crear viveiros de empresas dos sector do mar no porto de Corme
entrevista de Ponteceso coa conselleira pesca 30 novembro 2018

Susana Toja, concelleira de Medios Produtivos, e o alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, mantiveron o pasado venres unha reunión coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que estivo acompañada pola secretaria xeral técnica da consellería, María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade. Unha reunión que tivo moitos temas de interese e que a propia concelleira lle trasladou aos responsables da Concraría que preside Roberto Vidal, dunha unha reunión celebrada o sábado.

Unha das propostas máis importantes que levou o concello pontecesán foi a a creación de viveiros de empresas relacionadas co sector do mar, no porto de Corme e a súa zona de influencia.

Uns viveiros que aproveitarían varios espazos inutilizados para facer algunha nave e promover o aluguer a prezo simbólico durante tres anos para favorecer a creación de empresas e a creación de emprego en Corme.” Insistiu o Alcalde, engadindo que “este modelo está funcionando en Industria, por qué non o aplicamos ao mar, se vemos que os empregos e a demografía vai a menos”. As axudas do GALP poderían servir para o financiamento desta proposta.

Outras peticións

Ademais, a Conselleira comprometiuse a aboar o 100% do custe da nova grúa dentro dunha liña de axudas de equipamentos que van saír a primeiros de ano, aínda que asegurou que é a Confraría quen ten que pedir orzamentos, no seu caso pedir un crédito, e adquirila.
Dentro das melloras que se lle van plantear a Durán, vai figurar unha solución ás antigas estruturas do carro varadero; mellora de mantemento no Porto; solución ó problema da boia verde que se está movendo seguido; as galgas están moi xuntas, revisalas; cando hai vendaval, as estachas que puxeron pra fondear os barcos, sobre todo de Riveira, veñen pra riba; hai erros básicos como a necesidade de recortar e limar os tornillos que sobresaen danando as proteccións dos barcos que se arriman aos muelles.

Tamén se falou dos fondos mariños da ría, que quedou plagada de restos do polígono de bateas no fondo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/por-unha-ria-de-corme-e-laxe-libre-de-bateas/

Comentarios