Venres. 19.04.2024
El tiempo

Por unha ría de Corme e Laxe libre de Bateas

Por unha ría de Corme e Laxe libre de Bateas
Bateas vs iates en Corme Bateas o iates. Corme decide - Foto-Rúa do Crego Xa está en marcha, da man do activo Suso Lista, unha petición en Change.org pedindo o desmantelamento das bateas da ría de Corme e Laxe. Unhas bateas de mexillón que levan nada menos que 17 anos abandonadas, sendo a única en Galicia que non está operativa. A día de hoxe quedan 6 bateas mal ancladas diante da vila de Corme, que poden supoñer un perigo grave para a vila de Corme se vén un forte temporal. Ademais, “quen se vai facer cargos dos danos no caso de que algunha se rompa? Porque non creo que teñan seguro…” comenta Suso. “Isto é un grave delito ecolóxico. Hai que sacalas de aí”, sentenza pedindo que se declare a ría de Corme e Laxe como libre de bateas. Piden ademais "a limpieza dos fondos onde están situadas e que se recupere o banco marisqueiro de navallas". Foi a pasada semana cando a Suso saltou da cama ao ver como dous iates tiñan que dar a volta e marchar porque uns días antes unha chalana puxera unhas boias nunha zona que serve de fondeadoiro natural. “Corme, como se poden ver nas fotos históricas, sempre foi un fondeadoiro natural. Cada verán paran aquí uns 500 iates, e sempre baixan a terra a tomar un café, ir ao super, a cear… Os iates si que deixan cartos en Corme, pero agora teñen que ir ata os portos deportivos… Que aí si que deixan cartos a Portos de Galicia”. Foto historica da ria de Corme e Laxe A ría de Corme e Laxe sempre foi un fondeadoiro natural

”As bateas nunca deixaron un duro en Corme”

”Porque a batea non deixou nunca un duro en Corme. Apenas deixa traballo para dous rapaces que contratan ca motoserra cando veñen a descargar a porto. E se produciu cartos, marchou para as Rías Baixas”, asegura. A realidade é que o proxecto das Bateas foi sempre un proxecto experimental pensado para que os mariñeiros de Corme tiveran outra saída, pero que nunca funcionou como tal. A explotación foi levada a cabo por unha empresa do Grove, Cultivos Marinos, que aseguraba en maio que ía retirar as bateas a finais de verán. As sospeitas van máis alá, e Lista teme que manter as bateas sexa unha estratexia para facer tempo ata que se fagan públicas as novas concesións de novos parques bateeiros (xa non experimentais) ou para as tan polémicas xaulas de salmón. Por agora, as bateas seguen sendo incompatibles co fondeadoiro natural cormelán. Quen vencerá as batallas.

Como asinar

Xa son máis de 800 as firmas que apoian o desmantelamento das baterias, e hai moitos veciños que andan preguntando onde firmar, porque non teñen internet. Poden facelo aquí:  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios